- A PARTICIPACIÓN CHEGA A 120 EMPRESAS E ENTIDADES, MENTRES QUE A SUPERFICIE ACADA OS 18.056 METROS CADRADOS
- O EVENTO, QUE TERÁ LUGAR DO 2 AO 4 DE XULLO NO CENTRO DE FORMACIÓN E EXPERIMENTACIÓN AGARIA DE SERGUDE (BOQUEIXÓN), CONTINÚA ASÍ A SÚA EXCELENTE EVOLUCIÓN
Silleda, 17 de xuño de 2026- A Feira Internacional de Galicia ABANCA segue traballando intensamente na organización da oitava edición do seu monográfico forestal Galiforest Abanca, o cal se celebrará do 2 ao 4 de xullo co apoio da Xunta de Galicia. Será de novo no monte e instalacións do Centro de Formación e Experimentación Agraria de Sergude (Boqueixón), moi próximo a Santiago de Compostela.
A quince días para a celebración da feira esta cita conta con 120 expositores directos confirmados, cando na pasada edición, celebrada en 2024, foran 107. Estas empresas e entidades, entre as que se atopan moitas das máis importantes do sector e que aínda poden variar lixeiramente, ocuparán unha superficie neta que alcanza os 18.056 metros cadrados, cando na anterior convocatoria se situaba nos 15.306 metros cadrados.
Unhas cifras que non só superan ás da súa última convocatoria, senón que rebasan os máximos históricos deste monográfico. Un reflexo do amplo respaldo do sector e da súa consolidación como referente forestal.
Un programa dinamizador
De forma paralela a esta exposición o certame ofrecerá un atractivo programa de actividades, tanto dirixidas a profesionais como a outros perfís relacionados, entre eles os estudantes vinculados co sector.
Esta programación, que reforzarán o carácter do monográfico como punto de encontro, está a ser deseñado pola Feira Internacional de Galicia ABANCA e o comité do certame. Demostracións continuadas de maquinaria, o seu Concurso de Innovación ou un simposio estarán entre as propostas dun programa dinamizador, que impulsará a participación, a interacción e o intercambio.









