- 29.04.2026
O ESPAZO OCUPADO ATA O MOMENTO ASCENDE A 17.247 METROS CADRADOS SE BEN SE ESPERA QUE MEDRE AÍNDA MÁIS, XA QUE CONTINÚA O PRAZO
Cunha magnífica progresión desde as súas primeiras edicións, Galiforest Abanca non é só un efectivo punto de encontro para todo o sector forestal, senón que se situou xa como a maior feira deste ámbito en España.
Na súa oitava edición volverá superarse en atractivo e capacidade para xerar negocio, como xa vén facendo co seu incremento de cifras e resultados cualitativos, o cal lle levou a unha última cita de récord a todos os niveis.
Tamén en canto a presenza estranxeira. Polo que o certame, que xa conta coa internacionalidade a efectos aduaneiros do Ministerio de Industria, reafirmou o seu carácter internacional para solicitar a súa concesión completa para 2026.
Todo iso nun escenario inmellorable, o monte, un espazo real de traballo no que durante tres días as empresas e profesionais de toda a cadea monte-industria serán os máximos protagonistas.
En cada convocatoria Galiforest Abanca segue a sumar empresas e entidades que queren compartir o éxito deste efectivo foro sectorial. Ti tamén podes ser unha delas e aproveitarte da súa relevancia.
A súa última edición, en 2024, foi a maior celebrada ata o momento, ademais da máis internacional:









