- O CALOR EXTREMO EN BOA PARTE DE GALICIA NA XORNADA DE HOXE IMPEDIU SUPERA A AFLUENCIA DA ÚLTIMA EDICIÓN, SE BEN OS DOUS PRIMEIROS DÍAS A CIFRA DE ASISTENTES FOI MAIOR QUE ENTÓN E O PÚBLICO TOTAL ESTE ANO APROXÍMASE Á ÚLTIMA CONVOCATORIA
- ESTA OITAVA EDICIÓN SUPEROUSE TANTO EN FIRMAS E EXPOSITORES DIRECTOS COMO EN SUPERFICIE OCUPADA, ADEMAIS DE SER A MÁIS INTERNACIONAL NO QUE SE REFIRE A NÚMERO DE EMPRESAS ESTRANXEIRAS E PAÍSES REPRESENTADOS POR ESTAS
- OS EXPOSITORES TRASLADARON Á ORGANIZACIÓN A SÚA GRAN SATISFACCIÓN, DESTACANDO ESPECIALMENTE A CALIDADE DO PERFIL DOS ASISTENTES, O GRAN NÚMERO DE CONTACTOS DE INTERESE REALIZADOS E O CRECIMENTO DE VISITAS AOS SEUS STANDS POR PARTE DE PÚBLICO INTERNACIONAL
Silleda, 4 de xullo de 2026.- A oitava edición do monográfico forestal Galiforest Abanca, que se celebrou dende o pasado xoves ata hoxe no Centro de Formación e Experimentación Agraria de Sergude (Boqueixón, A Coruña) recibir, a unha hora para o seu peche a preto de 9.200 visitantes vencellas co sector forestal. Un público no que destacaron profesionais de toda a xeografía española, pero que tamén nesta cita viu incrementado o rexistro de profesionais estranxeiros, que proceden de ata 18 países. Estes foron esencialmente de Portugal, pero contaron con cifras significativas países como Francia, Italia e Andorra e tamén se sumaron acreditados de Austria, Chile, Alemaña, Finlandia, Letonia ou Suecia, entre outros.
Unha afluencia que se aproxima á da última edición da feira, celebrada en 2024, e que non puido superarse debido á calor extrema de hoxe en boa parte de Galicia, a cal disuadiu a moitos interesados en acudir á feira. Unhas temperaturas que supuxeron a activación da alerta vermella en 158 concellos gallegos, tamén en Boqueixón. Aínda que calorosas, as xornadas de onte e o xoves, si superaron a asistencia deses mesmos días na pasada convocatoria en máis de 400 persoas.
O público asistente puido coñecer na área expositiva do certame os produtos, servizos e propostas de 387 firmas expositoras (un 7,5% máis) de 31 países (un 10,7% máis), as cales estaban representadas por 125 expositores directos (un 17% máis que na súa anterior cita) de 8 países (un 14% máis). Unha empresas e entidades presentes directamente das cales un 11,2% eran internacionais de Portugal, Italia, Brasil, Letonia, República Checa, Romanía e Países Baixos.
Estes datos de exposición converteron a presentes edición na maior celebrada ata o momento tanto en firmas e expositores directos como en superficie, ademais de ser a máis internacional tanto en número de empresas estranxeiras presentes como en países representados por estes. Uns resultados que no só reafirman a Galiforest Abanca como a maior feira forestal de España, senón que lle confiren un crecente carácter internacional. Ademais, son un reflexo do peso estratéxico que o sector ten en Galicia como novena potencia forestal europea e líder do sector a nivel nacional.
A esta gran exposición uniuse un interesante programa que se caracterizou polo seu carácter dinámico, grazas á localización da feira nun monte que permite realizar demostracións da maquinara exposta sen renunciar a unha boa comunicación, fácil acceso e excelentes infraestruturas. Un lugar real de traballo que constitúe a razón de que o evento se celebre fóra das instalacións da Feira Internacional de Galicia ABANCA, entidade organizadora do monográfico co apoio da Xunta de Galicia.
Con todo isto, os expositores trasladaron á organización a súa gran satisfacción con esta edición do certame, destacando esencialmente o alto perfil profesional da inmensa maioría de asistentes e o gran número de contactos de interese realizados, moitos dos cales confían en materializar en negocio a curto prazo. Así mesmo, acorde aos datos recollidos pola organización, puxeron en valor o crecemento de visitas aos seus stands por parte de público estranxeiro.
Un programa para descubrir, comprobar e analizar
No programa da feira destacou un gran número exhibicións de maquinaria, sistemas e procesos forestais, as cales sumaron 200 durante os tres días. Nunha zona do monte habilitada ou nas propias parcelas dos expositores, realizáronse demostracións, entre outras, de procesadoras forestais e de leña, raxadoras, aserradoiros portátiles de troncos, trituradoras compactas e de gran volume, cabestrantes, manipuladoras telescópicas, sistemas automáticos de bloqueo e liberación de estacas, tensores automáticos de estacas, robots desbrozadores e segadores (algúns con autocontrol), básculas para grúas forestais, simuladores de procesadoras forestais, grúas robotizadas e consolas para este tipo de grúas, biotrituradoras, desbrozadoras de control remoto, equipos de pulverización de graxa, cargadoras de cadeas con trituradora forestal ou minicargadoras. Engadíronse demostracións de motoserras, de corte en altura, cambio de aceite a un motor co sistema fast oil, arte floral, instalacións de xardíns verticais ou preparación de mostras polínicas de distintos meles. Ademais, realizáronse exhibicións máis lúdicas, talleres, probas de produto e exposicións, podendo participar os visitantes nalgunhas delas cos debidos equipos de seguridade. Así, programáronse espectáculos e demostracións de realización de esculturas con motoserra, probas de motoserras profesionais e exhibicións do coñecido como Deporte da Madeira. E aínda se sumaron algunhas exposicións, como a dedicada á vida na colmea ou á mostra de ecoesferas, e tamén talleres, como o de enxertos.
Por outra banda, Galiforest, no seu obxectivo de contribuír ao fomento do I+D+i no sector, celebrou o seu Concurso de Innovación Tecnolóxica. O primeiro premio foi para unha grúa forestal robótica, intelixente e conectada, mentres que recibiron mencións un proxecto centrado na revalorización da codia de eucalipto como substrato de cultivo, un sistema de control intelixente de cabezal procesador que automatiza a presión das coitelas de desrame sobre a árbore e un sistema de conectividade forestal intelixente para reducir paradas e mellorar a produtividade.
Sumouse ao programa o II Simposio Ibérico de Silvicultura (II SIS), o cal reuniu durante os dous primeiros días de feira a expertos de catro países e un centenar de inscritos. Constituíu un punto de encontro esencial para todos aqueles interesados en saber cara onde avanza o futuro do sector forestal abordando temas que están marcando a evolución do sector, como silvicultura resiliente, mellora xenética, innovación aplicada ao monte, novas tecnoloxías, produtividade forestal e transferencia de coñecemento entre ciencia, industria e territorio.
>>> + FOTOS de GALIFOREST 2026









