- 17.07.2025
ASÍ O DECIDIU HOXE O COMITÉ ORGANIZADOR DESTA FEIRA, O CAL TAMÉN ANALIZOU OS RESULTADOS DA PASADA EDICIÓN, COINCIDINDO EN VALORALA COMO UN GRAN
Tras os excelentes resultados da súa pasada cita, Galiforest Abanca consolidouse xa como a maior feira forestal de España. Un referente para o sector que se prepara para celebrar o seu encontro máis ambicioso.
Unha sétima edición cuxos obxectivos principais céntranse en continuar cunha progresión que é imparable tanto nas súas cifras como na calidade da súa proposta, e tamén en avanzar nunha crecente internacionalización que permitiu xa obter para 2022 a internacionalidade a efectos aduaneiros do Ministerio de Industria e agora solicitar a súa concesión completa para 2024.
Todo iso, co monte como escenario, traducirase durante tres días na creación dun punto de encontro excepcional para empresas e profesionais, a todos os niveis e para todos os elos da cadea monte-industria.
Galiforest Abanca non parou de incrementar tanto as súas cifras como a calidade da súa proposta, facendo da satisfacción de expositor e visitantes unha constante.
Na súa última edición, en 2022, foi a maior celebrada ata o momento, ademais da máis internacional: