{"id":7901,"date":"2024-06-20T10:07:43","date_gmt":"2024-06-20T10:07:43","guid":{"rendered":"https:\/\/www.galiforest.com\/gran-interes-de-los-profesionales-del-sector-forestal-en-galiforest-abanca-2024-que-cuenta-ya-con-una-alta-inscripcion-previa-de-visitantes\/"},"modified":"2024-06-20T10:08:58","modified_gmt":"2024-06-20T10:08:58","slug":"gran-interes-de-los-profesionales-del-sector-forestal-en-galiforest-abanca-2024-que-cuenta-ya-con-una-alta-inscripcion-previa-de-visitantes","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.galiforest.com\/gl\/gran-interes-de-los-profesionales-del-sector-forestal-en-galiforest-abanca-2024-que-cuenta-ya-con-una-alta-inscripcion-previa-de-visitantes\/","title":{"rendered":"Gran interese dos profesionais do sector forestal en Galiforest Abanca 2024, que conta xa cunha alta inscrici\u00f3n previa de visitantes"},"content":{"rendered":"
Silleda, 20 de xu\u00f1o de 2024- <\/em><\/strong>A Feira Internacional de Galicia ABANCA ultima a s\u00e9tima edici\u00f3n do seu monogr\u00e1fico forestal Galiforest Abanca, o cal se celebrar\u00e1 do 27 ao 29 de xu\u00f1o co apoio da Xunta de Galicia a trav\u00e9s da Conseller\u00eda de Econom\u00eda e Industria.<\/p>\n Unha cita que est\u00e1 a suscitar gran interese entre os profesionais do sector, como mostra a elevada inscrici\u00f3n previa contabilizada no sistema de rexistro de visitantes da s\u00faa p\u00e1xina web, www.galiforest.com. Un sistema moi sinxelo que env\u00eda un c\u00f3digo QR ao correo electr\u00f3nico e permite acceder \u00e1 feira coa \u00fanica acci\u00f3n de mostralo ao chegar ao Centro de Formaci\u00f3n e Experimentaci\u00f3n Agroforestal de Sergude (Boqueix\u00f3n), onde ter\u00e1 lugar o certame.<\/p>\n As\u00ed, a unha semana para a celebraci\u00f3n do monogr\u00e1fico, o n\u00famero de visitantes rexistrados de forma anticipada \u00e9 moi superior ao contabilizados tam\u00e9n sete d\u00edas antes do comezo da pasada edici\u00f3n da feira, a cal tivo lugar en 2022. Unhas cifras que supo\u00f1en boas expectativas en canto \u00e1 afluencia \u00e1 feira, a\u00ednda que deben tomarse con prudencia, xa que a\u00ednda queda unha semana para co\u00f1ecer todas as preinscrici\u00f3ns e ademais unha parte importante dos asistentes rex\u00edstrase ao chegar ao certame.<\/p>\n Detr\u00e1s destes rexistrados at\u00f3panse xa profesionais estranxeiros, como italianos ou portugueses e tam\u00e9n membros de embaixadas como a de Canad\u00e1. Ademais, figuran estudantes e participantes en talleres de emprego relacionados co sector forestal, os cales te\u00f1en unha magn\u00edfica oportunidade para enriquecer a s\u00faa formaci\u00f3n.<\/p>\n Estes profesionais que solicitaron o seu acceso \u00e1 feira a trav\u00e9s da web representan unha parte do p\u00fablico que acudir\u00e1 a esta edici\u00f3n, a\u00ednda que, como se indicaba, aqueles que non estean rexistrados previamente poder\u00e1n facelo \u00e1 s\u00faa chegada ao certame. Prerexistrados e rexistrados \u00e1 entrada da propia feira sumaron en 2022 un total de 7.161 visitantes.<\/p>\n O atractivo dunha feira que volve medrar<\/strong><\/p>\n Este interese por parte dos profesionais do sector por visitar Galiforest Abanca 2024 \u00e9 reflexo dunha atractiva proposta que conta con m\u00e1is de 100 expositores directos confirmados, cando na pasada edici\u00f3n foran 96, e unha superficie neta que superar\u00e1 os 15.000 metros cadrados, cando na anterior convocatoria situ\u00e1banse nos 13.726. Unhas cifras que non s\u00f3 superan \u00e1s da s\u00faa \u00faltima convocatoria, sen\u00f3n que son as mellores ata o momento e que a consolidan como a maior feira forestal de Espa\u00f1a.<\/p>\n Ademais, esta proposta expositiva sumar\u00e1 actividades que supo\u00f1en un importante valor engadido para os visitantes, como o VII Concurso de Innovaci\u00f3n Tecnol\u00f3xica, demostraci\u00f3ns continuadas de m\u00e1quinas e sistemas ou talleres.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":" O EVENTO TER\u00c1 LUGAR DO 27 AO 29 DE XU\u00d1O NO CENTRO DE FORMACI\u00d3N E EXPERIMENTACI\u00d3N AGROFORESTAL DE SERGUDE (BOQUEIX\u00d3N) Silleda, 20 de xu\u00f1o de 2024- A Feira Internacional de … Ler m\u00e1is<\/a><\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":3110,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_price":"","_stock":"","_tribe_ticket_header":"","_tribe_default_ticket_provider":"","_tribe_ticket_capacity":"0","_ticket_start_date":"","_ticket_end_date":"","_tribe_ticket_show_description":"","_tribe_ticket_show_not_going":false,"_tribe_ticket_use_global_stock":"","_tribe_ticket_global_stock_level":"","_global_stock_mode":"","_global_stock_cap":"","_tribe_rsvp_for_event":"","_tribe_ticket_going_count":"","_tribe_ticket_not_going_count":"","_tribe_tickets_list":[],"_tribe_ticket_has_attendee_info_fields":false,"footnotes":""},"categories":[18],"tags":[],"class_list":["post-7901","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-uncategorized-gl"],"acf":[],"yoast_head":"\n