{"id":25303,"date":"2026-06-30T10:16:57","date_gmt":"2026-06-30T10:16:57","guid":{"rendered":"https:\/\/www.galiforest.com\/la-feria-galiforest-abanca-2026-reconocera-el-talento-innovador-del-sector-forestal-entre-dieciocho-propuestas-punteras\/"},"modified":"2026-06-30T10:18:17","modified_gmt":"2026-06-30T10:18:17","slug":"la-feria-galiforest-abanca-2026-reconocera-el-talento-innovador-del-sector-forestal-entre-dieciocho-propuestas-punteras","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.galiforest.com\/gl\/la-feria-galiforest-abanca-2026-reconocera-el-talento-innovador-del-sector-forestal-entre-dieciocho-propuestas-punteras\/","title":{"rendered":"A feira Galiforest Abanca 2026 reco\u00f1ecer\u00e1 o talento innovador do sector forestal entre dezaoito propostas punteiras"},"content":{"rendered":"
Silleda, 30 de xu\u00f1o de 2026.- <\/em><\/strong>O monogr\u00e1fico forestal Galiforest Abanca 2026, que se celebra do 2 ao 4 de xullo no Centro de Formaci\u00f3n e Experimentaci\u00f3n Agraria de Sergude (Boqueix\u00f3n), reco\u00f1ecer\u00e1 novos proxectos do sector orientados \u00e1 s\u00faa mellora. Ser\u00e1 no seu Concurso de Innovaci\u00f3n, que distinguir\u00e1 as m\u00e1quinas, produtos, servizos e procesos que destaquen por dese\u00f1o, calidade de traballo e prestaci\u00f3ns.\u00a0 A Feira Internacional de Galicia ABANCA, organizadora co apoio da Xunta de Galicia, pretende as\u00ed contribu\u00edr ao I+D+i no sector forestal.<\/p>\n O Concurso conta nesta edici\u00f3n con dezaoito innovaci\u00f3ns en competici\u00f3n. Entre elas figuran d\u00faas aplicaci\u00f3ns m\u00f3biles presentados por 2BForest: ForestSIM Mobile, que proporciona acceso a informaci\u00f3n esencial para a xesti\u00f3n sostible dos bosques, reunindo mapas, datos de mercado, estat\u00edsticas, noticias e ferramentas interactivas nunha contorna m\u00f3bil \u00fanica e intuitivo, e tam\u00e9n ForestCAD, que facilita o rexistro de terreos forestais de xeito sinxelo, r\u00e1pido e preciso ao permitir delimitar propiedades en campo utilizando drons, equipos GPS e dispositivos m\u00f3biles, ademais de crear e editar pol\u00edgonos xeorreferencidos, traballar sen conexi\u00f3n ou exportas resultados. Ademais, pres\u00e9ntanse os inventarios forestais de alta resoluci\u00f3n de Aerobur Sistemas \u2013 Fundaci\u00f3n Cesefor, con voos con drons para capturar, procesar e entregar datos forestais precisos, integrables e listos para tomar decisi\u00f3ns, co diferencial do escaneo a\u00e9reo sobre copa e baixo copa e vantaxes como alta resoluci\u00f3n espacial, precisi\u00f3n subm\u00e9trica ou visualizaci\u00f3n 3D.<\/p>\n S\u00famase o proxecto de revalorizaci\u00f3n da cortiza de eucalipto como substrato de cultivo para a substituci\u00f3n da turba, presentado pola Axencia Galega da Calidade Alimentaria (AGACAL) ante a crecente limitaci\u00f3n normativa do uso desta \u00faltima como substrato de cultivo e a necesidade de atopar materiais alternativos homox\u00e9neos e con gran volume de fabricaci\u00f3n. Tam\u00e9n Forest Pioneer concorre co sistema FPlink, conectividade forestal intelixente para reducir paradas e mellorar a produtividade, xa que est\u00e1 dese\u00f1ado para monitorizaci\u00f3n, control e xesti\u00f3n anal\u00edtica da maquinaria forestal de calquera marca, conectando cabina e oficina e permitindo o seguimento do parque.<\/p>\n Pola s\u00faa banda Fravizel concursa co vibrador de tronco para pi\u00f1as Gravity, que aumentar a produtividade, reduce custos e mellorar a seguridade dos operadores na recolecci\u00f3n, cunha vibraci\u00f3n controlada que favorece a ca\u00edda das pi\u00f1as maduras cun menor impacto sobre a \u00e1rbore, ademais da s\u00faa versatilidade ou reduci\u00f3n de tempos de operaci\u00f3n. Guifor Noroeste faino co seu control intelixente de cabezal procesador IHC, un sistema que automatiza a presi\u00f3n que as coitelas de desrame exercen sobre a \u00e1rbore, con beneficios como excelente calidade do desrame, ausencia de penetraci\u00f3n e descortezamento da \u00e1rbore, precisi\u00f3n na medici\u00f3n ou aforro de combustible.<\/p>\n Eng\u00e1dese o veh\u00edculo multifunci\u00f3n VSV marca Noremat, o primeiro dese\u00f1ado e fabricado integramente para o mantemento de estradas e seguridade viaria, presentado por Hitraf, o cal \u00e9 capaz de traballar con tres ferramentas diferentes de forma simult\u00e1nea e est\u00e1 equipado cos sistemas de reduci\u00f3n de consumo de combustible Variactive, Forsactive e Jumbox. As\u00ed mesmo, Industrias Guerra presenta un guindastre forestal rob\u00f3tico, intelixente e conectado que xorde como como resposta \u00e1 alta dependencia de operadores cualificados na maquinaria actual, elevada sinistralidade e escasa conectividade, implementando tecnolox\u00edas baseadas en sistemas ciberf\u00edsicos, Internet das Cousas (IoT) e an\u00e1lise avanzada de datos.<\/p>\n Pola s\u00faa banda Murat presenta catro innovaci\u00f3ns: o RoboCompact, o \u00fanico porta-ferramentas radiocontrolado de orugas con motor di\u00e9sel Kubota de 25 CV refrixerado por l\u00edquido capaz de traballar en pendentes de ata 61\u00b0; a ILF Kommunal con dep\u00f3sito contra incendios de 3.500 litros, a primeira m\u00e1quina autopropulsada multifunci\u00f3n capaz de realizar tanto labores de prevenci\u00f3n como de extinci\u00f3n de incendios forestais mediante implementos intercambiables; o brazo telesc\u00f3pico Trimmy para rozas, podas e limpeza de carreiros, canles e noiros de dif\u00edcil acceso sen expo\u00f1er ao operario a ning\u00fan risco, axustado ao robot radiocontrolado RoboFifti, e tam\u00e9n o sistema de seguridade OPS en autopropulsada ILF Kommunal, a primeira m\u00e1quina autopropulsada multifuncional da s\u00faa categor\u00eda que certifica a protecci\u00f3n na cabina fronte \u00e1 penetraci\u00f3n de obxectos forestais como troncos, ramas, cables ou pezas de maquinaria.<\/p>\n Serex concorre con Il Cubatore para pinza forestal, que mide o di\u00e1metro e pesa o tronco directamente desde a pinza grazas ao innovador sensor montado no pist\u00f3n, permitindo a un s\u00f3 operario medir e rexistrar datos durante operaci\u00f3ns de carga e descarga, aforrando tempo e aumentando produtividade. Ademais, Talleres G\u00e1ndara Maquinaria Agr\u00edcola presenta o equipo de tractor LS MT3.60 e rozadora articulada Hidrasam Luisiana 1500, cuxa novidade radica na s\u00faa sinerx\u00eda: a estabilidade contra envorcos e precisi\u00f3n en marchas s\u00faper lentas do tractor \u00e9 a plataforma motriz id\u00f3nea para que a rozadora, grazas \u00e1 s\u00faa arquitectura articulada e sistemas de desprazamento, limpe en zonas orograficamente cr\u00edticas.<\/p>\n Talleres Turquino presenta a s\u00faa escavadora Kobelco SK 165 SRLC para contornas forestais, cuxas prestaci\u00f3ns ofrecen reduci\u00f3n de ru\u00eddo, dese\u00f1o de alta resistencia, plataforma hidr\u00e1ulica multifunci\u00f3n, ecosistema dixital para monitorizaci\u00f3n e seguimento ou seguridade avanzada. Para rematar, Tocarama concorre con dous produtos dirixidos aos profesionais do sector forestal e a extinci\u00f3n de incendios forestais: o calzado de seguridade Kielder 106908, o cal se caracteriza por substitu\u00edr nas solas o pesado caucho nitrilo por un material m\u00e1is lixeiro e igualmente ign\u00edfugo que recorta ao par de botas un peso aproximado de 450 gramos, e tam\u00e9n a nova gama de produtos para evitar golpes de calor que a trav\u00e9s de tecidos t\u00e9cnicos son capaces de reter as mol\u00e9culas de auga e arrefrialas de xeito instant\u00e1neo, mesmo se se mollan con auga quente<\/p>\n Galard\u00f3ns<\/strong><\/p>\n O Concurso conceder\u00e1 o Premio de Innovaci\u00f3n Galiforest Abanca 2026 e menci\u00f3ns especiais. Uns galard\u00f3ns que se dar\u00e1n a co\u00f1ecer e ser\u00e1n entregados na xornada inaugural do monogr\u00e1fico, o 2 de xullo.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":" SER\u00c1 NUN CONCURSO AO QUE CONCORREN NOVIDADES PRESENTADAS POLOS EXPOSITORES E CUXOS GALARD\u00d3NS SE ENTREGAR\u00c1N NA XORNADA INAUGURAL DO CERTAME, O CAL TER\u00c1 LUGAR DO 2 AO 4 DE XULLO … Ler m\u00e1is<\/a><\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":25301,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_price":"","_stock":"","_tribe_ticket_header":"","_tribe_default_ticket_provider":"","_tribe_ticket_capacity":"0","_ticket_start_date":"","_ticket_end_date":"","_tribe_ticket_show_description":"","_tribe_ticket_show_not_going":false,"_tribe_ticket_use_global_stock":"","_tribe_ticket_global_stock_level":"","_global_stock_mode":"","_global_stock_cap":"","_tribe_rsvp_for_event":"","_tribe_ticket_going_count":"","_tribe_ticket_not_going_count":"","_tribe_tickets_list":[],"_tribe_ticket_has_attendee_info_fields":false,"footnotes":""},"categories":[18],"tags":[],"class_list":["post-25303","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-uncategorized-gl"],"acf":[],"yoast_head":"\n