{"id":25278,"date":"2026-06-29T11:17:17","date_gmt":"2026-06-29T11:17:17","guid":{"rendered":"https:\/\/www.galiforest.com\/la-vertiente-mas-dinamica-de-la-feria-galiforest-abanca-2026-programa-200-demostraciones-de-maquinaria-y-sistemas-forestales\/"},"modified":"2026-06-29T11:22:44","modified_gmt":"2026-06-29T11:22:44","slug":"la-vertiente-mas-dinamica-de-la-feria-galiforest-abanca-2026-programa-200-demostraciones-de-maquinaria-y-sistemas-forestales","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.galiforest.com\/gl\/la-vertiente-mas-dinamica-de-la-feria-galiforest-abanca-2026-programa-200-demostraciones-de-maquinaria-y-sistemas-forestales\/","title":{"rendered":"A vertente m\u00e1is din\u00e1mica da feira Galiforest Abanca 2026 programa 200 demostraci\u00f3ns de maquinaria e sistemas forestais"},"content":{"rendered":"
Silleda, 29 de xu\u00f1o de 2026.- <\/em><\/strong>A oitava edici\u00f3n do monogr\u00e1fico forestal Galiforest Abanca, a cal se celebrar\u00e1 do 2 ao 4 de xullo no monte e instalaci\u00f3ns do Centro de Formaci\u00f3n e Experimentaci\u00f3n Agraria de Sergude (Boqueix\u00f3n), acoller\u00e1 numerosas demostraci\u00f3ns de maquinaria e sistemas que se repetir\u00e1n en distintas ocasi\u00f3ns ao longo dos tres d\u00edas do certame, sumando ao redor de 200 demostraci\u00f3ns.<\/p>\n A s\u00faa realizaci\u00f3n nun lugar real de traballo \u00e9 un dos principais atractivos que ofrece o monogr\u00e1fico, tanto para os expositores, que poden mostrar o funcionamento dos seus produtos, como para os visitantes profesionais, os cales te\u00f1en a posibilidade de comprobar in situ as vantaxes e posibilidades que estas lles ofrecen para o desempe\u00f1o da s\u00faa actividade.<\/p>\n Nunha zona do monte habilitada para iso ou ben nas propias parcelas das empresas expositoras, realizaranse demostraci\u00f3ns, entre outras, de procesadoras forestais e de le\u00f1a, raxadoras, serradoiros port\u00e1tiles de troncos, trituradoras compactas e de gran volume, cabestrantes, manipuladoras telesc\u00f3picas, sistemas autom\u00e1ticos de bloqueo e liberaci\u00f3n de estacas, tensores autom\u00e1ticos de estacas, robots desbrozadores e segadores (alg\u00fans con autocontrol), b\u00e1sculas para guindastres forestais, simuladores de procesadoras forestais, guindastres robotizadas e consolas para este tipo de guindastres, biotrituradoras, rozadoras de control remoto, equipos de pulverizaci\u00f3n de graxa, cargadoras de cadeas con trituradora forestal ou minicargadoras.<\/p>\n Sumaranse demostraci\u00f3ns de motoserras, de corte en altura, cambio de aceite a un motor co sistema fast oil vs cambio de aceite tradicional, arte floral, instalaci\u00f3ns de xard\u00edns verticais ou preparaci\u00f3n de mostras pol\u00ednicas de distintos meles.<\/p>\n Estas demostraci\u00f3ns, \u00e1s cales se poden sumar a\u00ednda algunhas m\u00e1quinas e entidades m\u00e1is, ser\u00e1n a cargo das empresas Aroz Berri, Axion Stocks Service, Cardelle Hidr\u00e1ulica, Ence, Europa Parts, Grupo Torneiro, Hitraf, Husqvarna, Iberfores, Industrias Guerra, Internaco, J.J.E. Hern\u00e1ndez – Hersan Wood-Mizer Espa\u00f1a, Millasur, Murat, Rodicar, Svmac, Talleres Turquino e Green Mowers, ademais da Axencia Galega da Calidade Alimentaria (Agacal).<\/p>\n Exhibici\u00f3ns, talleres e probas de produto <\/strong><\/p>\n Por outra banda, o programa de Galiforest Abanca 2026 acoller\u00e1 exhibici\u00f3ns m\u00e1is l\u00fadicas, talleres, probas de produto e exposici\u00f3ns, podendo participar os visitantes nalgunhas delas cos debidos equipamentos de seguridade.<\/p>\n As\u00ed, haber\u00e1 espect\u00e1culos e demostraci\u00f3ns de talla de madeira e de realizaci\u00f3n de esculturas con motoserra por parte de Husqvarna, Phil Nobel, Emak e Sthil. Esta \u00faltima permitir\u00e1 ademais realizar probas de motoserras profesionais e tam\u00e9n programar\u00e1 exhibici\u00f3ns do co\u00f1ecido como deporte da madeira \u201cStihl\u00ae Timbersports\u00ae Series\u201d, nas cales se desenvolver\u00e1n as distintas modalidades deste deporte, que son corte de tronco en vertical e horizontal, con velocidade, con serra de man, corte en altura e con prototipo.<\/p>\n As\u00ed mesmo, de man do Agacal haber\u00e1 algunhas exposici\u00f3ns, como a dedicada \u00e1 vida na colmea ou \u00e1 mostra de ecoesferas, e tam\u00e9n talleres, como o de enxertos.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":" PERMITIR\u00c1N AOS EXPOSITORES MOSTRAR OS SEUS PRODUTOS EN FUNCIONAMENTO E AOS VISITANTES COMPROBAR A S\u00daAS PRESTACI\u00d3NS EXHIBICI\u00d3NS, TALLERES E PROBAS DE PRODUTO SUMARANSE AO PROGRAMA DO CERTAME, O CAL SE … Ler m\u00e1is<\/a><\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":25276,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_price":"","_stock":"","_tribe_ticket_header":"","_tribe_default_ticket_provider":"","_tribe_ticket_capacity":"0","_ticket_start_date":"","_ticket_end_date":"","_tribe_ticket_show_description":"","_tribe_ticket_show_not_going":false,"_tribe_ticket_use_global_stock":"","_tribe_ticket_global_stock_level":"","_global_stock_mode":"","_global_stock_cap":"","_tribe_rsvp_for_event":"","_tribe_ticket_going_count":"","_tribe_ticket_not_going_count":"","_tribe_tickets_list":[],"_tribe_ticket_has_attendee_info_fields":false,"footnotes":""},"categories":[18],"tags":[],"class_list":["post-25278","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-uncategorized-gl"],"acf":[],"yoast_head":"\n