{"id":24877,"date":"2025-07-17T09:34:08","date_gmt":"2025-07-17T09:34:08","guid":{"rendered":"https:\/\/www.galiforest.com\/el-sector-forestal-ya-tiene-fecha-para-su-reencuentro-en-galiforest-abanca-del-2-al-4-de-julio-de-2026\/"},"modified":"2025-07-17T09:35:41","modified_gmt":"2025-07-17T09:35:41","slug":"el-sector-forestal-ya-tiene-fecha-para-su-reencuentro-en-galiforest-abanca-del-2-al-4-de-julio-de-2026","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.galiforest.com\/gl\/el-sector-forestal-ya-tiene-fecha-para-su-reencuentro-en-galiforest-abanca-del-2-al-4-de-julio-de-2026\/","title":{"rendered":"O sector forestal xa ten data para o seu reencontro en Galiforest Abanca: do 2 ao 4 de xullo de 2026"},"content":{"rendered":"
Silleda, 16 de xullo de 2025.- <\/em><\/strong>O monogr\u00e1fico forestal Galiforest Abanca celebrar\u00e1 a s\u00faa oitava edici\u00f3n do 2 ao 4 de xullo de 2026 no monte do Centro de Formaci\u00f3n e Experimentaci\u00f3n Agroforestal de Sergude, situado no concello de Boqueix\u00f3n (A Coru\u00f1a).<\/p>\n As\u00ed o decidiu o seu Comit\u00e9 Organizador nunha reuni\u00f3n celebrada hoxe na Feira Internacional de Galicia ABANCA, entidade organizadora do certame. Ademais da elecci\u00f3n de datas, tam\u00e9n se analizaron os resultados da pasada edici\u00f3n. Sobre esta, todos os asistentes coincidiron en valorala como un gran \u00e9xito e destacar o salto adiante que supuxeron as s\u00faas cifras, as cales tam\u00e9n se traducen nunhas excelentes perspectivas de crecemento.<\/p>\n As\u00ed mesmo, o Comit\u00e9, determinante nesta excelente evoluci\u00f3n da feira que a ten posicionado como referente do sector, abordou outros aspectos organizativos, como a promoci\u00f3n do certame ou o apartado de conferencias. Neste sentido, exp\u00faxose o prop\u00f3sito de celebran no marco desta cita o II Simposio Ib\u00e9rico de Silvicultura, cuxa primeira edici\u00f3n se levou a cabo con \u00e9xito o pasado 26 de xu\u00f1o, tam\u00e9n no Centro de Formaci\u00f3n e Experimentaci\u00f3n Agroforestal de Sergude.<\/p>\n O encontro estivo presidido polo director da Axencia Galega da Industria Forestal (XERA), Alfredo Fern\u00e1ndez, e contou coa participaci\u00f3n de representantes de empresas e entidades con gran relevancia no sector forestal, como son a asociaci\u00f3n galega promotora da certificaci\u00f3n forestal PEFC Galicia, a Escola de Enxe\u00f1er\u00eda Forestal da Universidade de Vigo, o Colexio Oficial de Enxe\u00f1er\u00eda T\u00e9cnica Forestal de Galicia, o Centro de Formaci\u00f3n e Experimentaci\u00f3n Agroforestal de Sergude, a Direcci\u00f3n Territorial de Comercio e Icex en Galicia, Viveiros Forestais Ma\u00f1ente, Recambios Frain, Industrias Guerra, Hitraf, Hispano Japonesa de Maquinaria, Guifor, Forest Pioneer, Finanzauto, Andreas Stihl e Abanca.<\/p>\n Unha feira que segue super\u00e1ndose<\/strong><\/p>\n A \u00faltima edici\u00f3n de Galiforest Abanca, a cal tivo lugar do 27 ao 29 de xu\u00f1o do ano pasado, foi a maior celebrada ata o momento, super\u00e1ndose tanto en firmas e expositores presentes como en superficie e p\u00fablico asistente.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":" AS\u00cd O DECIDIU HOXE O COMIT\u00c9 ORGANIZADOR DESTA FEIRA, O CAL TAM\u00c9N ANALIZOU OS RESULTADOS DA PASADA EDICI\u00d3N, COINCIDINDO EN VALORALA COMO UN GRAN \u00c9XITO E DESTACANDO O SALTO ADIANTE … Ler m\u00e1is<\/a><\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":24875,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_price":"","_stock":"","_tribe_ticket_header":"","_tribe_default_ticket_provider":"","_tribe_ticket_capacity":"0","_ticket_start_date":"","_ticket_end_date":"","_tribe_ticket_show_description":"","_tribe_ticket_show_not_going":false,"_tribe_ticket_use_global_stock":"","_tribe_ticket_global_stock_level":"","_global_stock_mode":"","_global_stock_cap":"","_tribe_rsvp_for_event":"","_tribe_ticket_going_count":"","_tribe_ticket_not_going_count":"","_tribe_tickets_list":[],"_tribe_ticket_has_attendee_info_fields":false,"footnotes":""},"categories":[18],"tags":[],"class_list":["post-24877","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-uncategorized-gl"],"acf":[],"yoast_head":"\n