{"id":21132,"date":"2024-06-28T17:55:12","date_gmt":"2024-06-28T17:55:12","guid":{"rendered":"https:\/\/www.galiforest.com\/la-feria-forestal-galiforest-abanca-2024-acogio-hoy-la-entrega-de-los-premios-biomasa-gallega-2024\/"},"modified":"2024-06-28T17:57:37","modified_gmt":"2024-06-28T17:57:37","slug":"la-feria-forestal-galiforest-abanca-2024-acogio-hoy-la-entrega-de-los-premios-biomasa-gallega-2024","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.galiforest.com\/gl\/la-feria-forestal-galiforest-abanca-2024-acogio-hoy-la-entrega-de-los-premios-biomasa-gallega-2024\/","title":{"rendered":"A feira forestal Galiforest Abanca 2024 acolleu hoxe a entrega dos Premios Biomasa Galega 2024"},"content":{"rendered":"
Silleda, 28 de xu\u00f1o de 2024- <\/em><\/strong>A s\u00e9tima edici\u00f3n do monogr\u00e1fico forestal Galiforest Abanca, o cal se celebra desde onte e ata o ma\u00f1\u00e1 no monte e instalaci\u00f3ns do Centro de Formaci\u00f3n e Experimentaci\u00f3n Agroforestal de Sergude (Boqueix\u00f3n), conta cun completo programa de demostraci\u00f3ns ao que hoxe se sumaron d\u00faas propostas centradas no sector da biomasa.<\/p>\n As\u00ed, o certame acolleu esta ma\u00f1\u00e1 a primeira edici\u00f3n dos Premios Biomasa Galega, organizados polo Cl\u00faster da Biomasa de Galicia. O seu presidente, Francisco \u00c1lvarez, foi o encargado de dar a benvida ao acto, mentres o director da Axencia Galega da Industria Forestal (XERA), Jacobo Aboal, clausurou esta cita.<\/p>\n Durante o seu transcurso entregouse o Premio \u00e1 Traxectoria Investigadora na Biomasa a Luis Ortiz Torres; o de Descarbonizaci\u00f3n da Industria Agrogandeira \u00e1 empresa Nutrimentos Deza (Nudesa), o de Descarbonizaci\u00f3n da Industria Alimentaria \u00e1 Compa\u00f1\u00eda Espa\u00f1ola de Algas Marinas (Ceamsa), o Premio \u00e1 Traxectoria Empresarial no Campo da Calefacci\u00f3n con Biomasa a Jos\u00e9 Carlos Alonso, da empresa Ecoforest; o premio \u00e1 Aposta pola\u00a0 Biomasa na Administraci\u00f3n Local ao Concello de Portas, o Premio \u00e1 Aposta pola Biomasa na Administraci\u00f3n Auton\u00f3mica \u00e1 Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader) e o Premio ao Impulso sectorial da Biomasa por parte da Administraci\u00f3n a todo o equipo da Axencia Galega da Industria Forestal (Xera), representado polo seu director, Jacobo Aboal, Mercedes Rois e Isabel Puentes. Ademais, entregouse o Reco\u00f1ecemento e Presidencia Honor\u00edfica do Cl\u00faster da Biomasa a Jos\u00e9 Ignacio Lema Pi\u00f1eiro.<\/p>\n Xornada t\u00e9cnica<\/strong><\/p>\n Previamente \u00e1 entrega de premios tivo lugar unha xornada sobre a certificaci\u00f3n da sustentabilidade da biomasa, organizada polas Asociaci\u00f3n Espa\u00f1ola da Biomasa (Avebiom) e o Cl\u00faster da Biomasa de Galicia.<\/p>\n Durante o seu transcurso informouse sobre SURE, o sistema europeo l\u00edder en certificaci\u00f3n da sustentabilidade da biomasa e mostr\u00e1ronse exemplos pr\u00e1cticos da s\u00faa implantaci\u00f3n en diferentes tipos de empresas do sector. E os encargados de facelo foron Pablo Rodero, responsable de Certificaci\u00f3n de Avebiom; Santiago Monteiro, da empresa forestal Biomasas Forestais do Cant\u00e1brico; Francisco \u00c1lvarez, da f\u00e1brica de pellets Ecowarm, e Mauro Coucheiro, da central el\u00e9ctrica con biomasa Greenalia.<\/p>\n + Fotos de Galiforest<\/strong><\/a><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":" ADEMAIS, TIVO LUGAR UNHA XORNADA SOBRE CERTIFICACI\u00d3N DE SUSTENTABILIDADE NESTE \u00c1MBITO O CERTAME ESTASE CELEBRANDO DENDE ONTE E ATA MA\u00d1\u00c1 NO CENTRO DE FORMACI\u00d3N E EXPERIMENTACI\u00d3N AGROFORESTAL DE SERGUDE (BOQUEIX\u00d3N, … Ler m\u00e1is<\/a><\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":21130,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_price":"","_stock":"","_tribe_ticket_header":"","_tribe_default_ticket_provider":"","_tribe_ticket_capacity":"0","_ticket_start_date":"","_ticket_end_date":"","_tribe_ticket_show_description":"","_tribe_ticket_show_not_going":false,"_tribe_ticket_use_global_stock":"","_tribe_ticket_global_stock_level":"","_global_stock_mode":"","_global_stock_cap":"","_tribe_rsvp_for_event":"","_tribe_ticket_going_count":"","_tribe_ticket_not_going_count":"","_tribe_tickets_list":[],"_tribe_ticket_has_attendee_info_fields":false,"footnotes":""},"categories":[18],"tags":[],"class_list":["post-21132","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-uncategorized-gl"],"acf":[],"yoast_head":"\n