{"id":11225,"date":"2024-06-25T08:28:58","date_gmt":"2024-06-25T08:28:58","guid":{"rendered":"https:\/\/www.galiforest.com\/la-feria-galiforest-abanca-2024-premiara-lo-ultimo-en-innovacion-forestal-entre-21-propuestas\/"},"modified":"2024-06-25T08:30:34","modified_gmt":"2024-06-25T08:30:34","slug":"la-feria-galiforest-abanca-2024-premiara-lo-ultimo-en-innovacion-forestal-entre-21-propuestas","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.galiforest.com\/gl\/la-feria-galiforest-abanca-2024-premiara-lo-ultimo-en-innovacion-forestal-entre-21-propuestas\/","title":{"rendered":"A feira Galiforest Abanca 2024 premiar\u00e1 o \u00faltimo en innovaci\u00f3n forestal entre 21 propostas"},"content":{"rendered":"
SER\u00c1 NUN CONCURSO AO QUE CONCORREN NOVIDADES PRESENTADAS POLOS EXPOSITORES E CUXOS GALARD\u00d3NS SE ENTREGAR\u00c1N NA XORNADA INAUGURAL DO CERTAME, O CAL TER\u00c1 LUGAR DO 27 AO 29 DE XU\u00d1O NO CENTRO AGROFORESTAL DE SERGUDE (BOQUEIX\u00d3N)<\/strong><\/p>\n Silleda, 25 de xu\u00f1o de 2024.- <\/em><\/strong>A s\u00e9tima edici\u00f3n do monogr\u00e1fico forestal Galiforest Abanca, que se levar\u00e1 a cabo do 27 ao 29 de xu\u00f1o no monte e instalaci\u00f3ns do Centro de Formaci\u00f3n e Experimentaci\u00f3n Agroforestal de Sergude (Boqueix\u00f3n) reco\u00f1ecer\u00e1 novos proxectos do sector orientados \u00e1 s\u00faa mellora.<\/p>\n Ser\u00e1 a trav\u00e9s do seu VII Concurso de Innovaci\u00f3n Tecnol\u00f3xica \u201cGaliforest Abanca 2024\u201d, o cal distinguir\u00e1 as m\u00e1quinas, produtos, servizos e procesos presentes que destaquen polo seu dese\u00f1o, calidade de traballo e prestaci\u00f3ns.\u00a0 A Feira Internacional de Galicia ABANCA, organizadora do certame co apoio da Xunta de Galicia, pretende as\u00ed contribu\u00edr ao fomento do I+D+i no sector forestal.<\/p>\n O Concurso segue ga\u00f1ando en prestixio e nesta edici\u00f3n conta con 21 innovaci\u00f3ns, un 50 % m\u00e1is que na anterior, celebrada en 2022. Entre elas figuran tres proxectos presentados por Agacal-CFEA Louriz\u00e1n, centr\u00e1ndose o primeiro na an\u00e1lise dunha talla de eucalipto no Parque Nacional Mar\u00edtimo Terrestre das Illas Atl\u00e1nticas e xesti\u00f3n da maquinaria neste espazo, o segundo no dese\u00f1o e implantaci\u00f3n dun sistema de electrificaci\u00f3n da mini pa Case 1825 demostrando a viabilidade t\u00e9cnica e econ\u00f3mica da electrificaci\u00f3n de maquinaria pesada no contexto agroforestal, e o terceiro nunha experimentaci\u00f3n de campo para a loita da phytophthora alni<\/em> en alnus glutinosa<\/em>. Ademais, concorrer\u00e1n d\u00faas trituradoras, a CBI 5400BT, presentada por Dir Terex como a m\u00e1is vers\u00e1til e con mellor rendemento en procesamento de madeira, e a Jenz BA 916 D, presentada por Emsa Maquinaria y Proyectos e que est\u00e1 pensada para aforrar tempo sen perder eficacia, con gran versatilidade e posibilidade de substitu\u00edr as pezas de desgaste de corte directamente na m\u00e1quina en poucos minutos.<\/p>\n Ence Terra presenta d\u00faas innovaci\u00f3ns, a primeira delas un equipo que permite plantar e fertilizar de maneira aut\u00f3noma e mecanizada un monte de eucalipto, composto por maquina base Volvo EC 140EL, cabezal plantador Risutec PM100, dosificador de abono granulado, sistema de guiado e marcado dixital por GPS Asta, porta plantas adaptado e planta de eucalipto nitens<\/em> mellorado de Ence; e a segunda un equipo subsolador e fertilizador con guiado GPS para plantaci\u00f3n de eucalipto que consegue deixar o terreo perfectamente preparado para a s\u00faa posterior plantaci\u00f3n.\u00a0 Sumarase unha procesadora\/taladora de pi\u00f1eiro e eucalipto presentada por Forest Pioneer, un novo segmento de m\u00e1quina made in Galicia que tecnicamente se achega \u00e1s prestaci\u00f3ns dunha premium forestal e economicamente ao prezo de compra dunha escavadora de obra p\u00fablica, polo que \u00e9 moi competitiva e con obxectivo de fabricaci\u00f3n en Galicia para todo o mundo.<\/p>\n Ademais, Hispano Japonesa de Maquinaria (HJM) presenta un sistema retr\u00e1ctil de contracuchilla Pezzolato que se retrae mediante un mecanismo hidr\u00e1ulico para evitar posibles danos na c\u00e1mara de trituraci\u00f3n, mentres que Hitraf concorre cun cabestrante m\u00f3bil de tracci\u00f3n \u201ct-winch\u201d de Ecoforst que maximiza o factor de seguridade do operario e da m\u00e1quina forestal en terreos escarpados e minimiza os danos do chan ao soportar a forza do freado e tracci\u00f3n da m\u00e1quina.<\/p>\n Tam\u00e9n se presenta a primeira motoserra a bater\u00eda do mercado con embrague de cadea cuxas principais vantaxes son a seguridade e o fluxo de traballo, presentada por Husqvarna. S\u00famase a nova serie G de procesadoras EcoLog, de Log Max Iberia, desenvolvidas para aumentar a produtividade con melloras como cabina m\u00e1is segura e ergon\u00f3mica ou un sistema de brazos \u00fanicos oscilantes que permiten adaptar a m\u00e1quina a calquera terreo.<\/p>\n Murat-Energreen presentan tres innovaci\u00f3ns: A desbrozadora ILF Alpha, moi eficiente en terreos dif\u00edciles e con sistema de suspensi\u00f3n de chasis que proporciona gran comodidade durante o transporte por estrada e seguridade no traballo; a m\u00e1quina autopropulsada multifunci\u00f3n ILF Kommunal + brazo telesc\u00f3pico Orbital 7, dese\u00f1ado para traballar en ambos os lados da calzada con m\u00ednimo espazo de ocupaci\u00f3n na estrada, e tam\u00e9n o Roboplus, un portaferramentas teledirixido dese\u00f1ado para operar nas \u00e1reas m\u00e1is dif\u00edciles e pendentes de ata 55\u00ba que \u00e9 a primeira m\u00e1quina radiocontrolada do mundo con tecnolox\u00eda 100HP Stage V.<\/p>\n As\u00ed mesmo, pres\u00e9ntanse as luvas anticorte e antivibraci\u00f3n clase 2 de Pattones Robert\u00b4s destinados a labores de poda e roza a nivel profesional con reforzo especial de almofada na palma completa estendida ata as xemas dos dedos e sete capas de tecido anticorte. E tam\u00e9n a podadora de p\u00e9rtega telesc\u00f3pica a bater\u00eda de Techtronic Industries Iberia (Milwaukee) coa p\u00e9rtega m\u00e1is potente do mercado, con bater\u00eda compatible con m\u00e1is de 300 ferramentas. S\u00famase a bota profesional de motoserrista Log Grippe de Tocarama, con protecci\u00f3n anticorte clase 2 cuxa principal innovaci\u00f3n \u00e9 a s\u00faa sola de Pu\/caucho con 48 tacos met\u00e1licos extra\u00edbles en cada par que permiten niveis de adherencia superiores. E tam\u00e9n desta empresa, o Epi PF0035133 IGN, con protecci\u00f3n anticorte e certificado para traballos de extinci\u00f3n de incendios, concibido para protexer ao usuario fronte riscos de corte por serra de cadea de velocidades ata 24 m\/s e un dese\u00f1o ergon\u00f3mico.<\/p>\n Ademais, pres\u00e9ntase a retroexcavadora cargadora HMK 102B Alpha K4 Hidromek por parte de Torneiro Maquicoru\u00f1a, un 20% m\u00e1is r\u00e1pida grazas ao seu cilindro de carga e un 3% m\u00e1is eficiente polas melloras no dese\u00f1o do cilindro. E tam\u00e9n a escavadora de Turquino Forestal con folla dozer orientable que incrementa a funcionalidade da m\u00e1quina e angulable de gran tama\u00f1o que a converte nun bulldozer para as condici\u00f3ns m\u00e1is duras.<\/p>\n O xurado de expertos que as valorar\u00e1 ter\u00e1 en conta as melloras significativas nalg\u00fan aspecto importante da s\u00faa aplicaci\u00f3n, tales como materiais, fiabilidade, sustentabilidade, seguridade no traballo ou ergonom\u00eda.<\/p>\n Galard\u00f3ns<\/strong><\/p>\n O Concurso conceder\u00e1 o Premio de Innovaci\u00f3n Galiforest Abanca 2024 e menci\u00f3ns especiais. Uns galard\u00f3ns que se dar\u00e1n a co\u00f1ecer e ser\u00e1n entregados na xornada inaugural do monogr\u00e1fico, o 27 de xu\u00f1o.<\/p>\n <\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":" SER\u00c1 NUN CONCURSO AO QUE CONCORREN NOVIDADES PRESENTADAS POLOS EXPOSITORES E CUXOS GALARD\u00d3NS SE ENTREGAR\u00c1N NA XORNADA INAUGURAL DO CERTAME, O CAL TER\u00c1 LUGAR DO 27 AO 29 DE XU\u00d1O … Ler m\u00e1is<\/a><\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":11220,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_price":"","_stock":"","_tribe_ticket_header":"","_tribe_default_ticket_provider":"","_tribe_ticket_capacity":"0","_ticket_start_date":"","_ticket_end_date":"","_tribe_ticket_show_description":"","_tribe_ticket_show_not_going":false,"_tribe_ticket_use_global_stock":"","_tribe_ticket_global_stock_level":"","_global_stock_mode":"","_global_stock_cap":"","_tribe_rsvp_for_event":"","_tribe_ticket_going_count":"","_tribe_ticket_not_going_count":"","_tribe_tickets_list":[],"_tribe_ticket_has_attendee_info_fields":false,"footnotes":""},"categories":[18],"tags":[],"class_list":["post-11225","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-uncategorized-gl"],"acf":[],"yoast_head":"\n