Presentación

logo_galiforest

GALIFOREST ABANCA

Feira Forestal de Galicia

Onde se celebra?

En Galicia, como non podía ser doutra maneira, GALIFOREST ABANCA mantén unha das claves do seu éxito, a súa celebración no monte e nas instalacións do Centro de Formación e Experimentación Agroforestal de Sergude. Unha localización insuperable:

  • Atópase a tan só 15 quilómetros de Santiago de Compostela e o seu aeroporto internacional.
  • Permite desenvolver a feira nun lugar real de traballo e contar ao mesmo tempo con moi boas comunicacións coa capital galega e toda a Península.
  • As súas infraestruturas son inmellorables: fácil acceso desde a autoestrada AP-53 tanto para grandes máquinas como para visitantes, entradas asfaltadas, parkings e masas forestais para demostracións.
  • E ademais, trátase dun inmenso espazo exterior no que tanto expositores como visitantes poden sentirse cómodos e seguros ao aire libre.

Galiforest Abanca,
a un paso de Santiago de Compostela

logo_galiforest

COmo CHegar?

Directamente ao recinto:

En coche

Desde Santiago de Compostela, toma a N-525 en dirección a Ourense durante 8 km. ata o desvío cara á AC-960 en dirección a Forte-Boqueixón/Ponteledesma. Desde aí, segue as indicacións e a 3,7 km. chegarás ao Centro.

Vía Santiago de Compostela:

En tren

Santiago de Compostela é un importante nó ferroviario con conexións de alta velocidade coa maior parte de urbes galegas e coa cidade de Madrid, o que lle abre a posibilidade de conectarse con infinidade de destinos.

En avión

Voos directos a Santiago de Compostela desde innumerables destinos nacionais e internacionais.

En autobús

Santiago de Compostela, como Capital e centro xeográfico da nosa Comunidade, dispón de múltiples conexións nacionais e internacionais diarias.