- A ALGO MÁIS DE QUINCE DÍAS PARA A SÚA APERTURA O MONOGRÁFICO CONTA CUN 15% MÁIS DE EMPRESAS CONFIRMADAS QUE NA SÚA PASADA CONVOCATORIA, MENTRES QUE OS METROS CADRADOS SE AMPLÍAN NUN 16%
- O EVENTO, QUE TERÁ LUGAR DO 30 DE XUÑO AO 2 DE XULLO NO CENTRO DE FORMACIÓN E EXPERIMENTACIÓN AGROFORESTAL DE SERGUDE (BOQUEIXÓN), CONTINÚA ASÍ A SÚA EXCELENTE EVOLUCIÓN
Silleda, 13 de xuño de 2022- A Feira Internacional de Galicia ABANCA segue traballando intensamente na organización da sexta edición do seu monográfico forestal Galiforest Abanca, o cal se celebrará do 30 de xuño ao 2 de xullo no monte e instalacións do Centro de Formación e Experimentación Agroforestal de Sergude (Boqueixón), moi próximo a Santiago de Compostela.
En canto á súa exposición, a algo máis de quince días para a celebración da feira conta con 86 expositores directos confirmados, un 15% máis respecto á cifra final da pasada edición, celebrada en 2018, cando foran 75. Estas empresa e entidades, entre as que se encontran moitas das máis importantes do sector, ocupan unha superficie neta de 13.682 metros cadrados, un 16% máis de espazo que o contratado na anterior convocatoria, xa que entón foran 11.837 metros cadrados.
Estas cifras supoñen que o certame celebrará a súa maior edición, á vez que demostran tanto o respaldo do sector a este monográfico como a súa consolidación como cita forestal.
Programa de actividades
De forma paralela a esta exposición o certame ofrecerá un atractivo programa de actividades, tanto dirixidas a profesionais como a outros perfís relacionados, entre eles os estudantes vinculados co sector.
Esta programación, que reforzarán o carácter do monográfico como foro de coñecemento e debate, está a ser deseñado pola Feira Internacional de Galicia ABANCA e o comité do certame, presidido pola Xunta de Galicia e composto por importantes empresas e colectivos sectoriais. Xornadas técnicas, demostracións continuadas o seu Concurso de Innovación serán algunhas delas.