Actividades
catálogo de expositores (pdf)
Saúdas | Comité organizador | Expositores | Plano | Programa | Novidades ... (pdf 9 megas)

GALIFOREST ABANCA
Que encontrará o visitante en GALIFOREST ABANCA 2022?
UNHA FEIRA FORESTAL REFERENTE
O crecemento do certame edición tras edición situou no calendario feiral a Galiforest ABANCA como a cita forestal do sector, onde tódolos seus actores principais estarán presentes.
DEMOSTRACIÓNS EN DIRECTO
Unha oportunidade única para comprobar sobre o terreo, e en condicións de traballo real, o funcionamento e rendemento de moitos dos produtos presentados no certame.
EVOLUCIÓN CONSTANTE
A feira mostrará ao público a impresionante evolución do sector, as súas novidades e os seus importantes avances técnicos e metodolóxicos.
AMPLO PROGRAMA FORMATIVO
Temas de actualidade e tendencias no sector someteranse a debate por parte de recoñecidos especialistas a través do amplo programa de xornadas e talleres que Galiforest propón.
CONCURSOS DE INNOVACIÓN
O concurso de innovación tecnolóxica volve ser un dos sinais de identidade da feira, apostando por poñer en valor a profunda transformación que están a liderar moitas das empresas participantes.
ACTIVIDADE NOS STANDS
Cada ano os expositores supéranse coas orixinais propostas nas súas casetas para captar a atención do público, e dar a coñecer tódolos seus produtos e servizos.
NETWORKING E LECER
O monte e a natureza convidan tamén a que a feira sexa un espazo no que establecer relacións, e gozar de momentos de diversión. Espectáculos de deporte da madeira, exhibicións, propostas de lecer e riquísima gastronomía serán só algunhas das opcións.