- 02.07.2022
OS ASISTENTES SUPOÑEN UN 27% MÁIS QUE NA SÚA ÚLTIMA EDICIÓN, CANDO ACUDIDO 5.627 PERSOAS ESTA SEXTA EDICIÓN FOI A MAIOR CELEBRADA POLO CERTAME
Saúdas | Comité organizador | Expositores | Plano | Programa | Novidades ... (pdf 9 megas)
A VI edición do Monográfico Forestal Internacional para o Sur de Europa, GALIFOREST ABANCA, representa unha cita ambiciosa que aposta polo sector e os seus profesionais nun momento clave, mantendo intacta a súa esencia, pero gañando atractivo coa súa apertura a toda a cadea monte-industria.
Tras o seu aprazamento en 2020 debido á crise sanitaria derivada da covid-19, o certame seguirá incrementando os excelentes resultados das anteriores citas e volverá consolidarse como a cita referente forestal a nivel peninsular, proporcionando ás empresas expositoras a súa mellor ferramenta comercial.
Froito deste exponencial crecemento, destaca o recoñecemento por parte da Secretaría de Estado de Comercio da súa fantástica evolución en tan só cinco edicións e a concesión da internacionalidade a efectos aduaneiros, como paso previo a obter a internacionalidade completa nas próximas convocatorias.
Galiforest Abanca non parou de incrementar tanto as súas cifras como a calidade da súa proposta, facendo da satisfacción de expositores e visitantes unha constante.
A súa última edición, en 2018, foi a maior celebrada ata o momento, ademais da máis internacional:
Feira Internacional de Galicia ABANCA
Avda. Recinto Feiral S/N.
36540 Silleda - Pontevedra - España
tfn 986 577 000
mail galiforest@feiragalicia.com