GALIFOREST 2010, o monográfico especializado que precisaba o sector forestal na Península IbéricaA Feira Internacional de Galicia, institución para o apoio do sector primario galego, convoca a primeira edición dun certame creado única e exclusivamente para o sector forestal.
Galiforest 2010, Monográfico Forestal Internacional para o Sur de Europa, ponse en marcha co obxectivo de dar resposta ás necesidades do sector forestal no sur europeo e, sobre todo, na Península Ibérica, constituíndose no centro de negocios e escaparate de novidades que este demandaba dende fai tempo.
A elo únese a súa aposta por convertirse nunha plataforma que contribúa a abrir as portas de mercados que trascendan o nacional, potenciando a participación de compradores e importadores de toda Europa.
Totalmente profesional, con vocación internacional, bienal, e ubicado no monte con demostracións en vivo nas propias parcelas expositivas, son os componentes básicos dun certame no que están garantizados a rendabilidade e o cumprimento dos obxetivos dos seus expositores. 
|
|