V Monográfico Forestal Internacional para o Sur de Europa. Sergude - Boqueixón

Unha cita de referencia que segue reforzando a súa proposta

Galiforest Abanca celebrará en 2018 a súa quinta edición. E farao contando cunha gran confianza do sector pero sen deixar de traballar para fortalecerse aínda máis como espazo de encontro forestal.

Xeración de negocio, innovación e divulgación tanto técnica como social serán as claves nas que se centrará o monográfico para continuar a súa liña ascendente.

A súa proposta unirá unha gran área expositiva coas últimas novidades, un completo programa e a asistencia de numeroso público con perfil de compra. Todo iso no mellor espazo posible, o monte. 

 

galiforest movimiento
Feira sempre en movemento
  • Demostracións continuas de maquinaria
  • Xornadas técnicas
  • Encontros sectoriais
  • Concurso de Innovación Tecnolóxica
  • Competicións ...
 
galiforest sectores
Os nosos sectores:
  • Maquinaria forestal 
  • Produción de madeira
  • Servizos forestales
  • Empresas mixtas de transformación e servizos
  • Industria de primeira transformación
  • Outros aproveitamentos do monte
  • Biomasa e outras enerxías renovables
  • Transporte e vehículos todo terreo
  • Loita contra incendios: prevención e extinción
  • Formación e investigación
  • Institucións, asociacións e organismos verticais
galiforest datos

Un certame que non para de medrar, coa súa maior edición en 2016

Desde a súa posta en marcha Galiforest Abanca tense caracterizado polos bos resultados obtidos entre expositores e visitantes. 

As súas cifras non deixaron de aumentar nas súas últimas convocatorias, rexistrando unha das mellores evolucións no ámbito das feiras forestais e celebrando en 2016 a súa maior edición:

  • Participaron 180 firmas expositoras (un 34% máis que en 2014) de 18 países, das cales 56 foron expositores directos (un 27% máis)
  • Ocuparon  unha superficie neta de 9.578 metros cadrados (un 70% máis)
  • A afluencia foi de 5.800 visitantes durante os seus tres días (un 5,4% máis)

+ info (pdf folleto da feira)

Para estar presente con stand, temos as mellores opcións:

Como ser expositor

 
 
 

Style Selector

Layout Style

Background Image