A sexta edición de Galiforest Abanca dará continuidade á magnífica evolución deste certame, converténdoo de novo en referente para o sector forestal.
Un obxectivo que nesta cita de 2021 inclúe ademais a súa apertura a toda a cadea monte-industria, enfocada ao seu aproveitamento integral e con presenza de todos os seus ámbitos a nivel expositivo e de actividades.
Será así a convocatoria máis completa dun monográfico que reúne todas as claves para a xeración de negocio, a mellora tecnolóxica e a dinamización.
Galiforest Abanca non para de incrementar tanto as súas cifras como a calidade da súa proposta, facendo da satisfacción de expositores e visitantes unha constante.
A súa pasada cita, en 2018, foi a maior celebrada ata o momento, ademais da máis internacional:
María del Carmen Otero Villar
+34 629 834 177
galiforest@feiragalicia.com
Julio Pérez Filloy
+34 629 825 866
julioperez@feiragalicia.com