Deprecated: Array and string offset access syntax with curly braces is deprecated in /home/s08aa0d9/public_html/galiforest.com/2018/libraries/joomla/database/driver.php on line 1947

Deprecated: Array and string offset access syntax with curly braces is deprecated in /home/s08aa0d9/public_html/galiforest.com/2018/libraries/joomla/database/driver.php on line 1947

Deprecated: Array and string offset access syntax with curly braces is deprecated in /home/s08aa0d9/public_html/galiforest.com/2018/libraries/joomla/database/driver.php on line 2023

Deprecated: Array and string offset access syntax with curly braces is deprecated in /home/s08aa0d9/public_html/galiforest.com/2018/libraries/vendor/joomla/registry/src/Format/Ini.php on line 170

Deprecated: Array and string offset access syntax with curly braces is deprecated in /home/s08aa0d9/public_html/galiforest.com/2018/libraries/vendor/joomla/registry/src/Format/Ini.php on line 187

Deprecated: Array and string offset access syntax with curly braces is deprecated in /home/s08aa0d9/public_html/galiforest.com/2018/libraries/joomla/filesystem/path.php on line 143

Deprecated: Array and string offset access syntax with curly braces is deprecated in /home/s08aa0d9/public_html/galiforest.com/2018/libraries/joomla/filesystem/path.php on line 146

Deprecated: Array and string offset access syntax with curly braces is deprecated in /home/s08aa0d9/public_html/galiforest.com/2018/libraries/joomla/filesystem/path.php on line 149

Deprecated: Array and string offset access syntax with curly braces is deprecated in /home/s08aa0d9/public_html/galiforest.com/2018/libraries/f0f/less/less.php on line 1067

Deprecated: Array and string offset access syntax with curly braces is deprecated in /home/s08aa0d9/public_html/galiforest.com/2018/libraries/f0f/less/less.php on line 2822

Deprecated: Array and string offset access syntax with curly braces is deprecated in /home/s08aa0d9/public_html/galiforest.com/2018/libraries/joomla/user/helper.php on line 613
prensa http://www.galiforest.com Fri, 29 Mar 2024 04:56:21 +0000 Joomla! - Open Source Content Management gl-es A feira forestal Galiforest Abanca remata a súa quinta edición cunha afluencia superior ás 5.600 persoas http://www.galiforest.com/2018/index.php/gl/prensa-galiforest/item/97-a-feira-forestal-galiforest-abanca-remata-a-sua-quinta-edicion-cunha-afluencia-superior-as-5-600-persoas http://www.galiforest.com/2018/index.php/gl/prensa-galiforest/item/97-a-feira-forestal-galiforest-abanca-remata-a-sua-quinta-edicion-cunha-afluencia-superior-as-5-600-persoas A feira forestal Galiforest Abanca remata a súa quinta edición cunha afluencia superior ás 5.600 persoas

• SATISFACCIÓN XERALIZADA DOS EXPOSITORES, MOITOS DOS CALES XA EXPRESARON Á ORGANIZACIÓN A INTENCIÓN DE CONTRATAR MÁIS ESPAZO NA VINDEIRA CONVOCATORIA
• ORGANIZADO POLA FEIRA INTERNACIONAL DE GALICIA ABANCA NO CENTRO AGROFORESTAL DE SERGUDE (BOQUEIXÓN), ESTE CERTAME CELEBROU A SÚA MAIOR EDICIÓN AO REUNIR 254 FIRMAS REPRESENTADAS POR 76 EMPRESAS QUE OCUPARON 11.875 METROS CADRADOS

Silleda, 30.6.2018.- A quinta edición do monográfico Galiforest Abanca, que pechou hoxe as súas portas no Centro de Formación e Experimentación Agroforestal de Sergude (Boqueixón), contou con 5.618 visitantes vinculados co sector forestal procedentes de distintos puntos de España e tamén doutros países, especialmente Portugal. Unha notable afluencia, semellante á da pasada convocatoria (cando foran 5.800 persoas) a pesar das intensas choivas desta tarde, unha xornada na que tradicionalmente se rexistra unha importante porcentaxe da asistencia ao certame.

En canto a resultados cualitativos, satisfacción xeralizada dos expositores, moitos dos cales expresaron á organización a intención de contratar máis espazo na vindeira convocatoria.

O certame contou con 254 firmas expositoras (un 40% máis que na pasada edición, celebrada en 2016) das cales 76 foron expositores directos (un 33% máis). Ocuparon unha superficie neta de 11.875 metros cadrados, superando nun 24% a da última cita, mentres que a bruta foi de 35.200 metros cadrados.

En canto aos expositores directos, 9 foron internacionais de Portugal, Italia, Suecia e Austria, o triplo que na pasada edición. Respecto ás firmas, foron de 21 países, tres máis. Unhas cifras que reflexan a aposta da feira pola súa internacionalización e que cumpren a porcentaxe de expositores directos estranxeiros requeridos para solicitar o selo de internacionalidade que outorga o Ministerio de Economía y Empresa.

A feira contou así cunha gran área expositiva na que se mostraron máquinas, equipos, recambios e pezas cun valor superior aos 23 millóns de euros. A isto sumáronse os produtos e servizos de empresas de reparación electrónica, pasta de papel e fertilizantes, ademais de viveiros forestais, asociacións, institucións ou prensa técnica.

Así, Galiforest Abanca 2018, organizada pola Feira Internacional de Galicia ABANCA co importante apoio da Xunta de Galicia a través das consellerías do Medio Rural e de Economía, Emprego e Industria, conveuse na maior edición celebrada ata o momento tanto en superficie expositiva como en número de empresas e firmas presentes. Un crecemento que se uniu a un completo programa de actividades, e que converten esta cita no principal evento forestal a nivel nacional.

Todo isto na mellor localización posible, un monte que permitiu aos expositores realizar demostracións da maquinara exposta e aos visitantes ver o seu funcionamento sen renunciar a unha boa comunicación e excelentes infraestruturas. Un lugar real de traballo que constitúe a razón de que o evento se celebra fóra das instalacións da Feira Internacional de Galicia ABANCA.

O certame foi inaugurado o xoves pola conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez Mejuto, quen destacou o potencial da feira, subliñando que se consolida no calendario internacional e reflexa o peso deste sector en Galicia. Así mesmo, contou esta mañá coa visita do conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde López.

Demostracións e xornadas

O certame contou cun interesante programa no que destacaron as máis de 150 demostracións de maquinaria realizadas, moitas das cales se caracterizaron pola súa espectacularidade. Foron desenvolvidas, entre outras máquinas expostas, por procesadoras autocargadores, grúas, raxadoras, aserradoiros portátiles, astilladoras de biomasa, peladoras de troncos, trituradoras, cabestrantes para motoserras, sistemas de embalaxe para leña, destoconadoras, cabezais forestais para triturado ou desbrozadoras. Así mesmo, leváronse a cabo de manexo de motoserras e tamén de uso e configuración de parámetros de determinadas máquinas a través de simulador portátil. Hoxe, ademais, tiveron lugar varios simulacros de extinción de incendios con helicóptero realizados pola brigada antiincendios con base en Toén (Ourense).

Ademais destas demostracións, o certame acolleu outras de carácter máis lúdico que tamén incluíron competicións como as do coñecido como deporte da madeira, as cales foron realizadas por competidores oficiais que desenvolveron todas as súas modalidades, que son corte de tronco en vertical, horizontal, con velocidade, con serra de man, corte en altura e con prototipo. Sumáronse a elas exhibicións de figurismo (elaboración de esculturas en madeira con motoserra) e tamén actividades nas que os visitantes puideron probar motoserras cos debidos equipamentos de seguridade.

O certame acolleu tamén interesantes xornadas técnicas, que abordaron entre outros temas, certificación forestal, construción con madeira certificada en Galicia, historia e presente da fabricación de maquinaria forestal e primeira transformación en Galicia, seguridade en manexo con motoserra e desbrozadora, a presentación dos proxectos Biomasa-AP e Valornature nos que participa a Axencia Galega da Industria Forestal (XERA) ou a nova tramitación electrónica de aproveitamentos madeireiros e leñosos por parte da Consellería do Medio Rural.

Concurso de Innovación

Galiforest Abanca 2018, no seu obxectivo de contribuír ao fomento do I+D+i no sector, celebrou o seu Concurso de Innovación Tecnolóxica, ao cal concorreron 11 proxectos. Nesta edición o primeiro premio foi para a procesadora Komatsu 901 XC de 8 rodas con sistema Maxifleet e 3PS, presentada pola empresa Hitraf (Vila de Cruces, Pontevedra), mentres que as mencións foron para un camión astillador Heizohack HM 14-860 KL, que concorreu de man de Motogarden (Oroso, A Coruña) e unha procesadora forestal híbrida Logset 12H GTE Hybrid, presentada por Forest Pioneer (Irún, Guipúzcoa).

]]>
feiragalicia@gmail.com (Super User) Prensa feria Semana Verde Sat, 30 Jun 2018 18:23:52 +0000
O conselleiro de Economía, Emprego e Industria visitou esta mañá a feira forestal Galiforest Abanca http://www.galiforest.com/2018/index.php/gl/prensa-galiforest/item/95-o-conselleiro-de-economia-emprego-e-industria-visitou-esta-mana-a-feira-forestal-galiforest-abanca http://www.galiforest.com/2018/index.php/gl/prensa-galiforest/item/95-o-conselleiro-de-economia-emprego-e-industria-visitou-esta-mana-a-feira-forestal-galiforest-abanca O conselleiro de Economía, Emprego e Industria visitou esta mañá a feira forestal Galiforest Abanca

Silleda, 30.6.2018.- A quinta edición da feira forestal Galiforest Abanca, a cal pecha hoxe as súas portas no Centro de Formación e Experimentación Agroforestal de Sergude (Boqueixón), contou esta mañá coa visita do conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde López. Durante o seu percorrido intercambio impresións cos expositores presentes nesta edición do monográfico e asistiu a algunhas demostracións de maquinaria.

]]>
feiragalicia@gmail.com (Super User) Prensa feria Semana Verde Sat, 30 Jun 2018 14:16:09 +0000
Galiforest Abanca expuxo esta tarde a historia e presente da fabricación de maquinaria forestal e 1ª transformación de madeira en Galicia http://www.galiforest.com/2018/index.php/gl/prensa-galiforest/item/94-galiforest-abanca-expuxo-esta-tarde-a-historia-e-presente-da-fabricacion-de-maquinaria-forestal-e-1-transformacion-de-madeira-en-galicia http://www.galiforest.com/2018/index.php/gl/prensa-galiforest/item/94-galiforest-abanca-expuxo-esta-tarde-a-historia-e-presente-da-fabricacion-de-maquinaria-forestal-e-1-transformacion-de-madeira-en-galicia Galiforest Abanca expuxo esta tarde a historia e presente da fabricación de maquinaria forestal e 1ª transformación de madeira en Galicia

Silleda, 29.6.2018.- A quinta edición da feira forestal Galiforest Abanca, a cal se celebra ata mañá no monte e instalacións do Centro de Formación e Experimentación Agroforestal de Sergude (Boqueixón), abordou esta tarde a historia e o presente da fabricación de maquinaria forestal e 1ª transformación de madeira en Galicia.


Foi nunha xornada organizada pola Axencia Galega da Industria Forestal (XERA), entidade dependente da Consellería de Economía, Emprego e Industria, na cal interviñeron representantes de destacadas empresas do sector, como son Industrias Guerra, Forestal Cardelle e Barton Maquinaria.

O encontro foi presentado por Ignacio Lema, director de XERA, quen ademais de dar a coñecer as liñas de axuda desta entidade para a maquinaria, quixo subliñar que entre as tarefas da mesma está o desenvolvemento da innovación e a tecnoloxía e que, neste sentido, é moi importante o seu contacto coas empresas de maquinaria. Para isto, invitou ao sector a establecer coa Axencia formas de cooperación e deu como exemplo a captación de determinadas necesidades do sector para as cales a Axencia poda desenvolver tecnoloxías útiles que xeren oportunidades de negocio e, polo tanto, valor.

]]>
feiragalicia@gmail.com (Super User) Prensa feria Semana Verde Fri, 29 Jun 2018 16:42:59 +0000
A feira Galiforest Abanca abordou esta mañá a seguridade con motoserra e presentou os proxectos Biomasa-AP e Valornature http://www.galiforest.com/2018/index.php/gl/prensa-galiforest/item/91-a-feira-galiforest-abanca-abordou-esta-mana-a-seguridade-con-motoserra-e-presentou-os-proxectos-biomasa-ap-e-valornature http://www.galiforest.com/2018/index.php/gl/prensa-galiforest/item/91-a-feira-galiforest-abanca-abordou-esta-mana-a-seguridade-con-motoserra-e-presentou-os-proxectos-biomasa-ap-e-valornature A feira Galiforest Abanca abordou esta mañá a seguridade con motoserra e presentou os proxectos Biomasa-AP e Valornature

• FOI EN DÚAS XORNADAS ORGANIZADAS NO MARCO DO CERTAME POLA AXENCIA GALEGA DA INDUSTRIA FORESTAL (XERA) E A FIRMA STIHL

Silleda, 29.6.2018.- A quinta edición da feira forestal Galiforest Abanca, a cal se celebra ata mañá no monte e instalacións do Centro de Formación e Experimentación Agroforestal de Sergude (Boqueixón), acolleu esta mañá dúas interesantes xornadas.

Unha delas estivo organizada pola Axencia Galega da Industria Forestal (XERA), entidade dependente da Consellería de Economía, Emprego e Industria. Foi introducida por Ignacio Lema, director da Axencia, quen destacou o valor dos dous proxectos presentados na xornada. Así mesmo, subliñou a importancia de estar en contacto coas industrias máis punteiras que levan a cabo traballos de innovación para desenvolver calquera tipo de proxecto, pois permiten aplicar novas técnicas e coller coñecementos acumulados.

Neste sentido falou da colaboración que mantén con Inditex o proxecto Valornature, consistente na creación dun centro de excelencia en materiais sustentables avanzados para o aproveitamento dos recursos naturais de Galicia e Portugal.

Valornature foi exposto na xornada por Xosé Francisco Pedras, técnico de XERA, mentres que Gonzalo Piñeiro, tamén técnico desta axencia deu a coñecer Biomasa-AP, unha iniciativa centrada na mellora das capacidades da investigación para o uso enerxético optimizado de biomasa non valorizada pero de alto potencial na Eurorrexión, e que se centra nos restos de poda, vide, kiwi e matorrais.

Seguridade con motoserra e desbrozadora

Galiforest Abanca acolleu tamén esta mañá unha xornada na que Álvaro López, formador cualificado Stihl Training con especialidade en traballos de apeo e desbroce, falou da seguridade con motoserra e desbrozadora. No seu marco explicou, entre outros aspectos, os elementos esenciais para conseguir esta seguridade, centrados na prevención e avaliación de riscos, formación, elección de máquinas, sinalización dos traballos e elección de EPIs (equipos de protección individual).

Así mesmo, no marca da conferencia expúxose o programa de formación-certificación para traballadores forestais PFC-IMQ, dirixido a profesionais forestais e empresas que prestan servizos neste sector e que ofrecer un proceso de certificación profesional independente. Ángel Domínguez, formador cualificados Stihl Training, en xardinería e traballos en altura, fue el encargado de hacerlo.

]]>
feiragalicia@gmail.com (Super User) Prensa feria Semana Verde Fri, 29 Jun 2018 15:05:59 +0000
A feira Galiforest Abanca intensificou hoxe as súas demostracións e actividades centradas na maquinaria forestal http://www.galiforest.com/2018/index.php/gl/prensa-galiforest/item/90-a-feira-galiforest-abanca-intensificou-hoxe-as-suas-demostracions-e-actividades-centradas-na-maquinaria-forestal http://www.galiforest.com/2018/index.php/gl/prensa-galiforest/item/90-a-feira-galiforest-abanca-intensificou-hoxe-as-suas-demostracions-e-actividades-centradas-na-maquinaria-forestal A feira Galiforest Abanca intensificou hoxe as súas demostracións e actividades centradas na maquinaria forestal

• TEÑEN LUGAR NUNHA ZONA HABILITADA PARA TAL FIN E NAS PROPIAS PARCELAS DAS EMPRESAS NO CERTAME, O CAL SE CELEBRA NO CENTRO AGROFORESTAL DE SERGUDE (BOQUEIXÓN)
• MAÑÁ, ÚLTIMO DÍA DO MONOGRÁFICO, VOLVERÁ A SER UNHA XORNADA CON GRAN CANTIDADE DE EXHIBICIÓNS, PROBAS DE PRODUTO E COMPETICIÓNS

Silleda, 29.6.2018.- A quinta edición do monográfico forestal Galiforest Abanca, a cal se celebrará ata mañá no monte e instalacións do Centro de Formación e Experimentación Agroforestal de Sergude (Boqueixón), intensifica hoxe, e tamén o fará mañá, o seu programa de demostracións de maquinaria.

Nunha zona do monte habilitada para isto ou ben nas propias parcelas das empresas expositoras, estanse a realizar exhibicións, entre outras, de procesadoras forestais e de leña, autocargadores, grúas, raxadoras verticais e horizontais, aserradoiros portátiles de motoserra e cinta, astilladoras de biomasa, peladoras de troncos, trituradoras, cabestrantes para motoserras, sistemas de embalaxe para leña, destoconadoras, cabezais forestais para triturado ou desbrozadoras. Así mesmo, estanse a levar a cabo demostracións de afiado, corte e manexo de motoserras, trepa de árboles e tamén de uso e configuración de parámetros de determinadas máquinas a través de simulador portátil.

A realización destas demostracións de maquinaria nun lugar real de traballo é un dos principais atractivos que ofrece o monográfico, tanto para os expositores, que poden amosar o funcionamento das súas máquinas, como para os visitantes profesionais, os cales teñen a posibilidade de comprobar in situ as vantaxes e posibilidades que estas lles ofrecen para o desempeño da súa actividade.

Estas demostracións están a ser realizadas polas empresas Aroz Berri, Forestcorte Máquinas, Guifor, Hijos de Roberto Fuerte-Transgrúas, Hitraf, Husqvarna, J.J.E. Hernández, Logosol, Motogarden, Ovalle Bosque y Jardín, Oxce, Pinosa, Seppi, Serrat Trituradoras, Simorra, Stihl, Suministros Ilaga, Tangorri, TMC Cancela e Picursa.

Competicións e simuladores

Por outra banda, o programa de Galiforest Abanca 2018 está a acoller outras exhibicións máis lúdicas que tamén incluirán competicións, probas de produto nas que poden participar os visitantes do certame e simuladores.

Así, Stihl, está a levar a cabo competicións do coñecido como deporte da madeira “Stihl® Timbersports® Series”, as cales son realizadas por competidores oficiais que desenvolven todas as modalidades deste deporte, que son corte de tronco en vertical, horizontal, con velocidade, con serra de man, corte en altura e con prototipo. Ademais, tanto esta firma como Husqvarna están a realizar talla de esculturas en madeira con motoserra, que no caso desta última é a cargo do embaixador da marca en España, Tino Meis. Tamén ambas empresas realizan actividades nas que os visitantes poden probar as súas motoserras, cos debidos equipamentos de seguridade que teñen á súa disposición, e incluso competir entre eles nalgúns dos casos.

Por outra banda, o público tamén pode empregar os simuladores que mostran varias das firmas presentes na feira. Un deles, de realidade virtual, está no Husqvarna Truck. Denomínase Limberjack e nel maiores e nenos poden converterse en leñador profesional durante uns minutos intentando eliminar 24 ramas de 2,7 metros coa maior precisión e rapidez.

Así mesmo, conta cun simulador a empresa Guifor, o cal emula unha procesadora e un autocargador, é dicir, traballos de tala e carga de madeira, ao igual que o fai o da firma Log Max. Este último está orientado á formación de operadores nestes dous tipos de máquinas para que adquiran habilidades, e conta con varios exercicios e modos de traballo nos cales tamén poden facer probas os visitantes, como training ou competición.

]]>
feiragalicia@gmail.com (Super User) Prensa feria Semana Verde Fri, 29 Jun 2018 13:48:37 +0000
ÁNGELES VÁZQUEZ DESTACA O POTENCIAL DA FEIRA GALIFOREST QUE SE CONSOLIDA NO CALENDARIO INTERNACIONAL E REFLEXA O PESO DESTE SECTOR EN GALICIA http://www.galiforest.com/2018/index.php/gl/prensa-galiforest/item/88-angeles-vazquez-destaca-o-potencial-da-feira-galiforest-que-se-consolida-no-calendario-internacional-e-reflexa-o-peso-deste-sector-en-galicia http://www.galiforest.com/2018/index.php/gl/prensa-galiforest/item/88-angeles-vazquez-destaca-o-potencial-da-feira-galiforest-que-se-consolida-no-calendario-internacional-e-reflexa-o-peso-deste-sector-en-galicia ÁNGELES VÁZQUEZ DESTACA O POTENCIAL DA FEIRA GALIFOREST QUE SE CONSOLIDA NO CALENDARIO INTERNACIONAL E REFLEXA O PESO DESTE SECTOR EN GALICIA

• A facturación deste eido produtivo rolda os 2.000 millóns de euros anuais, representando o 3,5% do PIB galego
• A titular de Medio Rural inaugurou esta tarde en Boqueixón a V edición deste certame, que conta este ano con máis de 250 firmas expositoras

Silleda, 28.6.2018.- A conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez, inaugurou esta tarde en Boqueixón a V edición da feira Galiforest Abanca, que este ano conta con máis de 250 firmas procedentes de 11 comunidades autónomas e países como Suecia, Portugal, Italia e Austria. “Está claro que este certame consolidouse no calendario internacional como un referente no sector forestal”, destacou a conselleira, quen salientou que este éxito se debe ao peso do sector forestal na nosa comunidade.

Así, a conselleira salientou que a facturación deste eido produtivo rolda os 2.000 millóns de euros anuais, representando o 3,5% do PIB galego. Isto supón que Galicia sexa líder a nivel nacional e se posicione no noveno lugar en Europa. “E somos líderes no ámbito forestal porque o 50% das cortas de madeira que se realizan a nivel nacional fanse na nosa comunidade”.

Ángeles Vázquez explicou que existen máis de 2.800 comunidades de montes en Galicia, de aí a necesidade de velar por un monte sustentable e produtivo, pois máis do 12% das familias galegas perciben ingresos por este concepto, superando os 300 millóns de euros. “Estamos a falar de 3.000 empresas e de 70.000 postos de traballos, entre directos e indirectos”, subliñaba a titular de Medio Rural, ao tempo que afirmaba que é imprescindible apostar pola transformación para abrir mercados e mellorar así en calidade e diversidade de produtos.

V Edición de Galiforest

Este ano, a feira conta con 35.200 metros cadrados con todo tipo de demostracións de maquinaria e máis de 150 actividades como xornadas técnicas sobre certificación forestal, construción con madeira certificada, seguridade e prevención no manexo de maquinaria e tramitación electrónica, entre outras.

Ademais, volve o concurso de innovación Galiforest Abanca 2018, onde se recoñecerán novos proxectos orientados á mellora do sector forestal, así como talleres de manexo de motoserras ou figurismo.

SAÚDOS,
GABINETE DE COMUNICACIÓN DA CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL.

]]>
feiragalicia@gmail.com (Super User) Prensa feria Semana Verde Thu, 28 Jun 2018 17:16:32 +0000
Unha procesadora forestal con gran estabilidade e eficacia en terreos difíciles, primeiro premio no Concurso de Innovación da feira Galiforest Abanca http://www.galiforest.com/2018/index.php/gl/prensa-galiforest/item/85-unha-procesadora-forestal-con-gran-estabilidade-e-eficacia-en-terreos-dificiles-primeiro-premio-no-concurso-de-innovacion-da-feira-galiforest-abanca http://www.galiforest.com/2018/index.php/gl/prensa-galiforest/item/85-unha-procesadora-forestal-con-gran-estabilidade-e-eficacia-en-terreos-dificiles-primeiro-premio-no-concurso-de-innovacion-da-feira-galiforest-abanca Unha procesadora forestal con gran estabilidade e eficacia en terreos difíciles, primeiro premio no Concurso de Innovación da feira Galiforest Abanca

• O XURADO PREMIOUNA POLA SÚA DOBRE INNOVACIÓN MECÁNICA, A SÚA VERSATILIDADE PARA O USO QUE DEMANDA O MONTE GALEGO E O SEU CONTROL DA PRODUCIÓN
• OS GALARDÓNS FORON ENTREGADOS ESTA TARDE POLA CONSELLEIRA DO MEDIO RURAL NO MARCO DESTE CERTAME ORGANIZADO POLA FEIRA INTERNACIONAL DE GALICIA ABANCA NO CENTRO AGROFORESTAL DE SERGUDE (BOQUEIXÓN)

Silleda, 28.6.2018.- A procesadora Komatsu 901 XC de 8 rodas con sistema Maxifleet e 3PS, presentada pola empresa Hitraf (Vila de Cruces, Pontevedra), acadou o primeiro premio no Concurso de Innovación Tecnolóxica celebrado no marco do monográfico forestal Galiforest Abanca 2018. Este certame, organizado pola Feira Internacional de Galicia ABANCA, lévase a cabo dende hoxe ata o sábado no monte e instalacións do Centro de Formación e Experimentación Agroforestal de Sergude (Boqueixón).

Esta procesadora, cuxa presentación oficial en España se está a facer en Galiforest Abanca, baséase no concepto dunha articulación central ríxida e un eixo traseiro oscilante sobre o que se monta un bogie (conxunto de pares de rodas) que, xunto cos cilindros de inclinación da cabina, confírenlle unha maior estabilidade e eficacia na súa adaptación ás irregularidades do terreo. Conta con 8 rodas que lle permiten distribuír mellor o peso, un sistema de xestión de flotas Maxifleet co que se pode planificar, controlar e optimizar a súa actividade e tamén tres bombas hidráulicas que garanten unha capacidade optimizada favorecendo a capacidade produtiva e reducindo o consumo de combustible, co conseguinte menor impacto ambiental.

O xurado outorgou o premio a esta innovación pola súa dobre innovación mecánica, a súa versatilidade para o uso que demanda o monte galego e o seu control da produción.

Neste Concurso de Innovación tamén se concederon dúas mencións, sendo unha delas para o camión astillador Heizohack HM 14-860 KL, presentado por Motogarden (Oroso, A Coruña). Este vehículo une nunha mesma máquina transporte, alimentación e astillado, sendo a súa principal diferencia con respecto á oferta existente no mercado o incremento substancial do diámetro de corte e a produción, xa que permite trocear todos os residuos de madeira, como listóns, vigas, leña, podas ou troncos cun diámetro de hasta 80 centímetros co mínimo esforzo. Así mesmo, un cilindro de arrastre e unha cadea plana de aceiro con dentes fixados por soldadura encárgase de que o arrastre sexa potente e fiable.

A mención foille concedida pola súa versatilidade e adaptación ás dificultades do monte galego (accesibilidade).

A outra mención concedeuse á procesadora forestal híbrida Logset 12H GTE Hybrid, presentada por Forest Pioneer (Irún, Guipúzcoa). Esta máquina incorpora tecnoloxía híbrida, xa implantada noutros sectores pero de nova incorporación no sector da maquinaria forestal, cada vez máis comprometido co medio ambiente. Consta dun motor eléctrico de 210CV que combinado cun motor de 300CV de combustión interna proporciona unha gran potencia de 510CV reducindo ao mesmo tempo as emisións de C02 entre un 15 e un 30%. O sistema híbrido incrementa o rendemento á vez que os costes de consumo son moi baixos. A estabilidade do rendemento do motor aforra combustible, alarga a vida do motor e permite que os custe de mantemento sexan baixos.

Fíxoa merecedora desta mención a súa contribución da técnica híbrida ao mundo forestal.

Os premios foron entregados esta tarde pola Conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez Mejuto, durante o percorrido de inauguración da feira. Neste acto de entrega acompañárona, ademais doutras autoridades, o director xeral de Ordenación Forestal, Tomás Fernández-Couto Juanas; o director da Axencia Galega da Industria Forestal, Ignacio Lema, e os membros do xurado.

Ao concurso, co cal a Feira Internacional de Galicia ABANCA pretende contribuír ao fomento do I+D+i no sector forestal, presentáronse once innovacións destinadas a aportar melloras ao sector forestal e a optimizar os seus recursos. Ademais das máquinas galardoadas concorreron dous cabezais taladores, un centro de produción de leña para queima, unha raxadora horizontal progresiva, un sistema de embalaxe de leña, unha trituradora híbrida e dous tipos de pneumáticos forestais.

Todas estas novidades e tamén moitas outras presentadas polas empresas participantes nesta edición móstranse na área de exposición do monográfico.

Avaliadas por 7 expertos

As innovacións participantes foron examinadas esta mañá por un xurado conformado por sete expertos pertencentes a outras tantas institucións e entidades. Foron Raúl Rodríguez, técnico da Axencia Galega de Innovación (GAIN); Ana Oróns, secretaria xeral da Federación Empresarial de Aserradores e Rematantes de Madeiras de Galicia (FEARMAGA); Alejandro Arias, membro da xunta directiva da Asociación de Empresas de Servizos Forestais de Galicia (SERFOGA); Enrique Martínez, director do Centro de Investigación Forestal de Lourizán; Patricia González, xerente do Colexio Oficial de Enxeñeiros Técnicos Forestais de Galicia; Pablo Vila director do Departamento de Enxeñería Agroforestal da Escola Politécnica Superior de Lugo (Universidade de Santiago de Compostela) e Juan J. Isorna, xefe de explotación do Centro de Formación e Experimentación Agroforestal de Sergude.

]]>
feiragalicia@gmail.com (Super User) Prensa feria Semana Verde Thu, 28 Jun 2018 16:57:46 +0000
A feira Galiforest Abanca expuxo o funcionamento e simplificación da nova tramitación electrónica de aproveitamentos madeireiros e leñosos http://www.galiforest.com/2018/index.php/gl/prensa-galiforest/item/84-a-feira-galiforest-abanca-expuxo-o-funcionamento-e-simplificacion-da-nova-tramitacion-electronica-de-aproveitamentos-madeireiros-e-lenosos http://www.galiforest.com/2018/index.php/gl/prensa-galiforest/item/84-a-feira-galiforest-abanca-expuxo-o-funcionamento-e-simplificacion-da-nova-tramitacion-electronica-de-aproveitamentos-madeireiros-e-lenosos A feira Galiforest Abanca expuxo o funcionamento e simplificación da nova tramitación electrónica de aproveitamentos madeireiros e leñosos

• FOI NUNHA XORNADA INFORMATIVA ORGANIZADA ESTA MAÑÁ POLA CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL NO MARCO DESTE MONOGRÁFICO, O CAL TEN LUGAR ATA O SÁBADO NO CENTRO AGROFORESTAL DE SERGUDE (BOQUEIXÓN)

Silleda, 28.6.2018.- A quinta edición da feira forestal Galiforest Abanca, a cal se celebra dende hoxe ata o sábado no monte e instalacións do Centro de Formación e Experimentación Agroforestal de Sergude (Boqueixón), abordou esta mañá a nova tramitación electrónica de aproveitamentos madeireiros e leñosos en Galicia.

A Consellería do Medio Rural foi a encargada de expoñela a través dunha xornada na que se debullou este sistema polo que a propia Consellería pasou a ser dende abril a tramitadora única da solicitude destes aproveitamentos. Un cambio que ten por obxectivo a simplificación do proceso, ao non ter que pedir autorizacións a distintos departamentos da Xunta de Galicia e ao poñer á disposición dos interesados un sistema sinxelo para a súa realización a través da aplicación CORWEB da Sede Electrónica da Administración galega.

Belén Bris, subdirectora xeral de Recursos Forestais da Consellería do Medio Rural, foi a encargada de abrir o encontro cun relatorio centrado na identificación de procedementos de autorización, declaración responsable e comunicación final. Durante a súa intervención detallou, entre outros aspectos, o marco normativo, a documentación necesaria para a solicitude ou unha das principais novidades, o visor que se incorpora ao sistema para proporcionar información xeolocalizada ao usuarios.

A continuación Iván Freire, creador da aplicación CORWEB da empresa Bahía Software, falou desta aplicación na Sede Electrónica da Xunta de Galicia. Ademais, abordouse a presentación na Sede Electrónica con distintos medios e firma electrónica, sendo o encargado Fernando Gil, xefe do Departamento de Sociedade da Información da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA).

Por último, Alfredo Fernández, director do Departamento Técnico de Estudos do Instituto de Estudos do Territorio, falou polo miúdo do visor cartográfico de aproveitamentos forestais, no cal os usuarios poden ver a parcela na que queren facer a corta e indicar que condicionantes ten a mesma para que a Consellería faga as tramitacións correspondentes.

]]>
feiragalicia@gmail.com (Super User) Prensa feria Semana Verde Thu, 28 Jun 2018 14:04:29 +0000
A madeira está chamada a ser a materia prima do século XXI http://www.galiforest.com/2018/index.php/gl/prensa-galiforest/item/81-a-madeira-esta-chamada-a-ser-a-materia-prima-do-seculo-xxi http://www.galiforest.com/2018/index.php/gl/prensa-galiforest/item/81-a-madeira-esta-chamada-a-ser-a-materia-prima-do-seculo-xxi A madeira está chamada a ser a materia prima do século XXI

• DESTACOUSE ESTA MAÑÁ NUNHA XORNADA TÉCNICA ORGANIZADA POLA ENTIDADE DE CERTIFICACIÓN FSC ESPAÑA, A CAL TIVO LUGAR NO MARCO DA FEIRA FORESTAL GALIFOREST ABANCA

• O CERTAME CELÉBRASE ATA O SÁBADO NO CENTRO AGROFORESTAL DE SERGUDE (BOQUEIXÓN)

Silleda, 28.6.2018.- A quinta edición do monográfico forestal Galiforest Abanca, o cal se celebra dende hoxe ata o sábado no Centro de Formación e Experimentación Agroforestal de Sergude (Boqueixón), comezou esta mañá o seu programa de conferencias cunha xornada organizada por FSC España, organización non gubernamental sen ánimo de lucro que promove unha xestión dos montes ambientalmente responsable, socialmente beneficiosa e economicamente viable.

Co título “Certificación Forestal FSC: dilixencia debida e construción con madeira certificada en Galicia”, este encontro foi inaugurado por Ana Oróns, secretaria xeral da Federación Empresarial de Aserradores e Rematantes de Madeira de Galicia (Fearmaga), quen destacou que a madeira está chamada a ser a materia prima do século XXI, subliñando que é o gran elemento deste novo ciclo de economía verde. Neste sentido indicou que o sector ten grandes oportunidades pero tamén grandes retos, polo que debe ser capaz de situar a madeira no lugar que lle corresponde.

Así mesmo, Oróns fixo fincapé na importancia da madeira como pilar fundamental para a economía do medio rural, sinalando que son máis de 300 millóns de euros os que as familias galegas acadan anualmente pola venda de madeira, ademais de detallar que máis de 70.00 persoas viven directa ou indirectamente dun sector que xera uns 2.100 millóns de euros. Ademais, quixo lembrar que Fearmaga foi pioneira en certificación forestal con grupos e que se algo caracteriza á primeira transformación en Galicia é o seu compromiso co coidado do monte e o aproveitamento sostible.

En canto aos relatorios, Silvia Martínez directora técnica de FSC España, foi a encargada de inicialos, dando a coñecer as novidades FSC en xestión forestal e cadea de custodia, a cal comproba que os produtos de bosques certificados estean identificados e separados doutros non certificados. Durante a súa intervención falou do proxecto Emplea Madera, que se desenvolve en Galicia e Castela A Mancha e ten como obxectivo poñer en valor a madeira para o seu uso en edificación e a súa presenza en política de compra pública. No marco deste relatorio tamén participou Marcos Estévez, xestor de proxectos de FSC España, quen, entre outros aspectos, deu a coñecer cifras de certificación forestal no mundo, España e Galicia.

Por outra banda, abordouse a dilixencia debida nas mesas do sector da 1ª transformación da madeira, por parte de Carlos González Andrés, xefe de servizo de Montes Veciñais en Man Común e Estruturas Forestais da Consellería do Medio Rural. A certificación FSC de xestión forestal en grupo foi outro dos temas da xornada, expoñendo o caso da Compañía Galega de Silvicultores (Selga) o seu responsable económico, Daniel Rodríguez.

A última das intervencións, que se centrou nun exemplo de fabricación e obras con madeira FSC, levárona a cabo José A. Sanmartín e Leticia Rendo, director técnico e responsable de costes de Carpintería Estelar.

Mesa redonda

A xornada finalizou cunha mesa redonda moderada por Ángel González, enxeñeiro de montes de Fearmaga.

]]>
feiragalicia@gmail.com (Super User) Prensa feria Semana Verde Thu, 28 Jun 2018 13:51:56 +0000
A feira forestal Galiforest Abanca celebra dende mañá en Boqueixón a súa maior edición, con máis de 250 firmas expositoras http://www.galiforest.com/2018/index.php/gl/prensa-galiforest/item/75-a-feira-forestal-galiforest-abanca-celebra-dende-mana-en-boqueixon-a-sua-maior-edicion-con-mais-de-250-firmas-expositoras http://www.galiforest.com/2018/index.php/gl/prensa-galiforest/item/75-a-feira-forestal-galiforest-abanca-celebra-dende-mana-en-boqueixon-a-sua-maior-edicion-con-mais-de-250-firmas-expositoras A feira forestal Galiforest Abanca celebra dende mañá en Boqueixón a súa maior edición, con máis de 250 firmas expositoras

• NESTA QUINTA CONVOCATORIA TAMÉN HABERÁ RÉCORD DE DEMOSTRACIÓNS DE MAQUINARIA, CON MAIS DE 150 DURANTE OS TRES DÍAS, ÁS CALES SE SUMARÁN CONFERENCIAS, PRESENTACIÓNS E O CONCURSO DE INNOVACIÓN DO CERTAME
• ORGANIZADO POLA FEIRA INTERNACIONAL DE GALICIA ABANCA, ESTE MONOGRÁFICO DESENVOLVERASE ATA O SÁBADO NO CENTRO AGROFORESTAL DE SERGUDE 

Silleda, 27.6.2018.- A quinta edición do monográfico Galiforest Abanca, que se celebrará dende mañá ata o sábado no monte e instalacións do Centro de Formación e Experimentación Agroforestal de Sergude (Boqueixón), contará coa presenza de 254 firmas expositoras (un 40% máis que na pasada convocatoria, celebrada en 2016) das cales 76 serán expositores directos (un 33% máis) e as restantes serán marcas representadas por estes. Ocuparán unha superficie neta de 11.875 metros cadrados, superando nun 24% a da última cita.

En canto aos expositores directos, 9 son internacionais de Portugal, Italia, Suecia e Austria, o que supón o triplo que na pasada edición. Respecto ás firmas, son de 21 países, tres países máis. Unhas cifras que reflexan a aposta do certame pola súa internacionalización e que cumpren a porcentaxe de expositores directos estranxeiros requeridos para solicitar o selo de internacionalidade que outorga o Ministerio de Economía y Empresa.

Con todo isto Galiforest Abanca 2018 convértese na maior edición celebrada ata o momento tanto en superficie expositiva como en número de empresas e firmas presentes, ademais de dar un importante paso para converterse na principal feira do sector forestal en España.

Galiforest Abanca 2018, organizada pola Feira Internacional de Galicia ABANCA co apoio das consellerías do Medio Rural e de Economía, Emprego e Industria, contará así cunha gran área expositiva na que se mostrarán máis de 300 máquinas e equipos, demais de centenares de recambios e pezas, que contarán cun valor superior aos 23 millóns de euros. A isto sumaranse os produtos e servizos de empresas de reparación electrónica, pasta de papel e fertilizantes, ademais de viveiros forestais, asociacións, institucións ou prensa técnica.

Unha exposición que se unirá a un interesante programa de actividades para converter a Galiforest Abanca nun centro de negocio forestal, un escaparate das últimas novidades e un foro para a análise da realidade sectorial. Todo isto na mellor localización posible, un monte que permite aos expositores realizar demostracións da maquinara exposta e aos visitantes ver o seu funcionamento sen renunciar a unha boa comunicación, fácil acceso e excelentes infraestruturas. Un lugar real de traballo que constitúe a razón de que o evento se celebra fóra das instalacións da Feira Internacional de Galicia ABANCA.

Demostracións, xornadas e innovación

O certame contará cun interesante programa cuxas actividades estarán dirixidas ou contarán coa intervención dun centenar de expertos de distintos ámbitos relacionados co sector forestal. Entre elas terán un lugar destacado as máis de 150 demostracións de maquinaria que se levarán a cabo durante a feira, realizadas, entre outras máquinas expostas, por procesadoras autocargadores, grúas, raxadoras, aserradoiros portátiles, astilladoras de biomasa, peladoras de troncos, trituradoras, cabestrantes para motoserras, sistemas de embalaxe para leña, destoconadoras, cabezais forestais para triturado ou desbrozadoras. Así mesmo, levaranse a cabo de afiado, corte e manexo de motoserras e tamén de uso e configuración de parámetros de determinadas máquinas a través de simulador portátil.

Ademais destas demostracións, levaranse a cabo outras de carácter máis lúdico que tamén incluirán competicións como un “open motoserrista”, no que dúas persoas se medirán para cortar o máis rápido posible un tronco coa motoserra e tamén do coñecido como deporte da madeira, as cales serán realizadas por competidores oficiais que desenvolverán todas as súas modalidades, que son corte de tronco en vertical, horizontal, con velocidade, con serra de man, corte en altura e con prototipo. Sumaranse a elas exhibicións de figurismo (elaboración de esculturas en madeira con motoserra) e tamén actividades nas que os visitantes poderán probar motoserras, cos debidos equipamentos de seguridade que terán á súa disposición.

O certame acollerá tamén interesantes xornadas técnicas, que abordarán entre outros temas, certificación forestal, construción con madeira certificada en Galicia, historia e presente da fabricación de maquinaria forestal e primeira transformación en Galicia, seguridade en manexo con motoserra e desbrozadora, a presentación dos proxectos Biomasa-AP e Valornature nos que participa a Axencia Galega da Industria Forestal (XERA) ou a nova tramitación electrónica de aproveitamentos madeireiros e leñosos por parte da Consellería do Medio Rural.

Concurso de Innovación

Galiforest Abanca 2018, no seu obxectivo de contribuír ao fomento do I+D+i no sector, celebrará de novo o seu Concurso de Innovación Tecnolóxica, ao cal concorren 11 proxectos que serán avaliados mañá no certame por un xurado formado por expertos pertencentes a distintos ámbitos.

Premiaranse aquelas novidades que destaquen por aportar melloras ao sector forestal e optimizar os seus recursos, presentándose nesta ocasión dous cabezais taladores, dúas procesadoras, un camión astillador, un centro de produción de leña para queima, unha raxadora horizontal progresiva, un sistema de embalaxe de leña, unha trituradora híbrida e dous tipos de pneumáticos forestais.

]]>
feiragalicia@gmail.com (Super User) Prensa feria Semana Verde Wed, 27 Jun 2018 08:56:19 +0000