Silleda, 29.6.2018.- A quinta edición da feira forestal Galiforest Abanca, a cal se celebra ata mañá no monte e instalacións do Centro de Formación e Experimentación Agroforestal de Sergude (Boqueixón), acolleu esta mañá dúas interesantes xornadas.
Unha delas estivo organizada pola Axencia Galega da Industria Forestal (XERA), entidade dependente da Consellería de Economía, Emprego e Industria. Foi introducida por Ignacio Lema, director da Axencia, quen destacou o valor dos dous proxectos presentados na xornada. Así mesmo, subliñou a importancia de estar en contacto coas industrias máis punteiras que levan a cabo traballos de innovación para desenvolver calquera tipo de proxecto, pois permiten aplicar novas técnicas e coller coñecementos acumulados.
Neste sentido falou da colaboración que mantén con Inditex o proxecto Valornature, consistente na creación dun centro de excelencia en materiais sustentables avanzados para o aproveitamento dos recursos naturais de Galicia e Portugal.
Valornature foi exposto na xornada por Xosé Francisco Pedras, técnico de XERA, mentres que Gonzalo Piñeiro, tamén técnico desta axencia deu a coñecer Biomasa-AP, unha iniciativa centrada na mellora das capacidades da investigación para o uso enerxético optimizado de biomasa non valorizada pero de alto potencial na Eurorrexión, e que se centra nos restos de poda, vide, kiwi e matorrais.
Seguridade con motoserra e desbrozadora
Galiforest Abanca acolleu tamén esta mañá unha xornada na que Álvaro López, formador cualificado Stihl Training con especialidade en traballos de apeo e desbroce, falou da seguridade con motoserra e desbrozadora. No seu marco explicou, entre outros aspectos, os elementos esenciais para conseguir esta seguridade, centrados na prevención e avaliación de riscos, formación, elección de máquinas, sinalización dos traballos e elección de EPIs (equipos de protección individual).
Así mesmo, no marca da conferencia expúxose o programa de formación-certificación para traballadores forestais PFC-IMQ, dirixido a profesionais forestais e empresas que prestan servizos neste sector e que ofrecer un proceso de certificación profesional independente. Ángel Domínguez, formador cualificados Stihl Training, en xardinería e traballos en altura, fue el encargado de hacerlo.