V Monográfico Forestal Internacional para o Sur de Europa. Sergude - Boqueixón

A feira Galiforest Abanca mostrará maquinaria, equipos e recambios forestais cun valor superior aos 23 millóns de euros

• TAMÉN ESTARÁN PRESENTES, ENTRE OUTROS, SERVIZOS DIRIXIDOS AO SECTOR, VIVEIROS, EMPRESAS DE FERTILIZANTES E DE PASTA DE PAPEL, INSTITUCIÓNS OU PRENSA TÉCNICA
• ESTE CERTAME TERÁ LUGAR DO 28 AO 30 DE XUÑO NO CENTRO AGROFORESTAL DE SERGUDE (BOQUEIXÓN)

Silleda, 26.6.2018.- A quinta edición do monográfico forestal Galiforest Abanca 2018, organizado pola Feira Internacional de Galicia ABANCA no Centro de Formación e Experimentación Agroforestal de Sergude (Boqueixón), mostrará na súa área expositiva maquinaria forestal, equipos e recambios cun valor superior aos 23 millóns de euros.
No monte que conforma a área de exposición de Galiforest Abanca están presentes entre o 28 e o 30 de xuño máis de 300 máquinas e equipos, podendo verse, entre outras, autocargadores, procesadoras tanto forestais como de leña e biomasa, astilladoras, raxadoras, trituradoras, grúas, máquinas telescópicas, desbrozadoras, motoserras, taladoras, destoconadoras, tractores forestais, motobombas, excavadoras e miniexcavadoras, remolques e semirremolques forestais, aserradoiros portátiles, plataformas, minicargadoras, robots forestais, caldeiras de leña e biomasa, carrozadas de vehículos, cabestrantes e todo tipo cabezais.
A elas súmanse centenares de repostos e accesorios de todo tipo, dende pneumáticos, depósitos de carburante ou filtros ata cadeas metálicas, básculas para grúas, ferramentas ou equipos electrónicos.
Por outra banda, no certame tamén estarán presentes firmas de servizos dirixidos ao sector, como reparación electrónica, e tamén empresas de pasta de papel e de fertilizantes, viveiros forestais, asociacións, institucións ou prensa técnica.

Demostracións
Moitas das máquinas presentes realizarán exhibicións no marco deste monográfico Galiforest Abanca 2018, o cal acollerá máis de 150 demostracións ao longo dos seus tres días de duración, entre elas, de corte, derribo, desembosque, raxado de madeira, astillado, triturado, procesado, pelado, aserrado, embalaxe de leña, desbrozado, poda e tala en altura ou corte e manexo de motoserra.
Algunhas delas realizaranse nunha área arborada habilitada para isto e outras nas propias parcelas dos expositores.

 
 
 

Style Selector

Layout Style

Background Image