V Monográfico Forestal Internacional para o Sur de Europa. Sergude - Boqueixón

A feira Galiforest Abanca fará un percorrido pola historia e presente da fabricación de maquinaria forestal e primeira transformación en Galicia

• SERÁ NUNHA XORNADA TÉCNICA ORGANIZADA POLA AXENCIA GALEGA DA INDUSTRIA FORESTAL (XERA), A CAL TAMÉN DARÁ A COÑECER NESTE MONOGRÁFICO DOUS IMPORANTES PROXECTOS NOS QUE PARTICIPA 
• O CERTAME CELEBRARASE DO 28 AO 30 DE XUÑO NO CENTRO AGROFORESTAL DE SERGUDE (BOQUEIXÓN)

Silleda, 24.6.2018.- A quinta edición da feira forestal Galiforest Abanca, a cal se celebrará do 28 ao 30 de xuño no monte e instalacións do Centro de Formación e Experimentación Agroforestal de Sergude (Boqueixón), acollerá dúas interesantes xornadas organizadas pola Axencia Galega da Industria Forestal (XERA), entidade dependente da Consellería de Economía, Emprego e Industria.
A historia e o presente da fabricación de maquinaria forestal e primeira transformación en Galicia serán analizados nunha delas. Neste percorrido intervirán representantes de destacadas empresas do sector, entre elas Industrias Guerra, Forestal Cardelle e Barton Maquinaria, os cales tamén participarán ao remate nunha mesa redonda.
No marco deste encontro, que será presentado polo director da Axencia, Ignacio Lema, detallaranse ademais as liñas de axuda para maquinaria forestal desta entidade.

Proxectos en biomasa e materiais sustentables
A outra das xornadas, que tamén será introducida por Ignacio Lema, acollerá a presentación de dous importantes proxectos nos que participa a XERA.
Así, o técnico Gonzalo Piñeiro Veiras será o encargado de dar a coñecer Biomasa -AP, unha iniciativa centrada na mellora das capacidades da investigación para o uso enerxético optimizado de biomasa non valorizada pero de alto potencial na Eurorrexión.
Pola súa banda, o tamén técnico Xosé Francisco Pedras Saavedra presentará o proxecto Valornature, consistente na creación dun centro de excelencia en materiais sustentables avanzados para o aproveitamento dos recursos naturais de Galicia e Portugal.
Ambas xornadas terán lugar o segundo día de celebración da feira Galiforest Abanca, o venres 29 de xuño.

 
 
 

Style Selector

Layout Style

Background Image