Galiforest Abanca celebrará en 2018 a súa quinta edición. E farao contando cunha gran confianza do sector pero sen deixar de traballar para fortalecerse aínda máis como espazo de encontro forestal.
Xeración de negocio, innovación e divulgación tanto técnica como social serán as claves nas que se centrará o monográfico para continuar a súa liña ascendente.
A súa proposta unirá unha gran área expositiva coas últimas novidades, un completo programa e a asistencia de numeroso público con perfil de compra. Todo iso no mellor espazo posible, o monte.